Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán lembra ao alcalde que o remanente favorable do Concello débese ao esforzo dos veciños.

O PSOE de Nigrán lembra ao alcalde que o remanente favorable do Concello débese ao esforzo dos veciños.

Correo-e Imprimir PDF
P1010340

O PSOE afirma que o actual saldo favorable das arcas municipais de Nigrán débese ao esforzo que leva facendo a veciñanza desde 2007 e non só á xestión económica do actual goberno do PP. Os socialistas saen así ao cruce do comunicado emitido na mañá deste xoves polo Concello, no que o rexedor Alberto Valverde aseguraba que os actuais 2 millóns de remanente positivo de tesourería debíanse á liña de xestión e control do gasto do seu goberno.

 

Ao mesmo tempo, o voceiros socialista, Juan González, lembroulle ao rexedor , que en Nigrán lévase facendo liquidacións de remanentes de tesourería desde 2007, cando asumiu o PSOE ao goberno municipal, pois o seu antecesor, o popular Alfredo Rodríguez (PP), deixou un déficit "real de tesourería" de máis de 4 millóns de euros.

Desde o ano 2007 ata o 2011, gobernando o Partido Socialista, "ese remanente negativo foise baixando paulatinamente grazas non só a xestión daquel goberno senón sobre todo polo esforzo dos veciños e veciñas de Nigrán", sinala González, "ata chegar aos menos dun millón de euros e despois de pagar máis de 2 millóns de facturas" que o devandito goberno de Alfredo Rodríguez deixou "no caixón ou sen consignación".

Finalmente, os socialistas lembran que o Plan de Saneamento Financeiro consensuado durante o seu goberno co o entón opositor PP, é o responsable da actual estabilizacións das arcas municipais.