Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán anuncia un remanente positivo de tesourería no 2012 de 2 millóns de euros.

O goberno de Nigrán anuncia un remanente positivo de tesourería no 2012 de 2 millóns de euros.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

 

- O alcalde de Nigrán informa cas arcas municipais presentan un remanente positivo de tesourería de case dous millóns de euros, “tras cinco liquidación consecutivas con remanente negativo, entre 2007 e 2011 incluídos”.
- Adianta que a cantidade sinalada “destinarase a amortizar unha parte considerable da débeda financeira municipal -uns 850.000 euros- e a investimentos municipais -uns 600.000 euros”-. 

-Alberto Valverde ratifica a súa “liña de xestión e control do gasto público”

O informe de Intervención Municipal relativo á información do orzamento municipal de 2012 indica un remanente de tesourería positivo para gastos xerais do Concello de Nigrán de 1.995.684,70 euros, “circunstancia que dá a volta á situación económica do concello tras cinco anos consecutivos de resultados negativos”, acaba de sinalar alcalde, Alberto Valverde. 
Segundo o rexedor, o devandito informe recolle que logo de cinco liquidacións orzamentarias con remanente de tesourería negativo -recolleito entre os anos 2007 e 2011, ambos incluídos-, o ano 2012 é o primeiro que rexistra un remanente positivo, “un resultado que ratifica a boa xestión levada a cabo polo goberno municipal”, subliña Valverde.
Amortización e investimento: 600 mil € para investimentos e 800 mil para pagar débedas.
O goberno municipal anuncia este xoves que destinará o superávit rexistrado nas arcas municipais para amortizar unha parte importante da débeda financeira municipal e para investimentos municipais, contorna a uns 600.000 euros. No primeiro caso, destinaranse preto de 850.000 euros a amortizar a débeda financeira municipal, “o que rebaixará de forma considerable os gastos que a administración local debe asumir en concepto de intereses e amortización, incrementando a disposición orzamentarias a outras concellarías”, explica o concelleiro de Economía e Facenda, Alberto García. 
García engade que a amortización de parte da débeda contraída pola administración permitirá aforrar ás arcas municipais 130.00 euros ao longo do presente exercicio, e 260.000 anuais a partir de 2014.
Neste sentido, o concelleiro sinala que, ata a data, a lei obrigaba a destinar a totalidade do remanente positivo de tesourería á amortización de débeda. Na actualidade, debido á disposición adicional septuaxésima cuarta da Lei de Orzamentos do Estado de 2013, a normativa permite empregar parte dese remanente para investimentos municipais, a condición de que o concello non teña un endebedamento superior ao 55% e dita actuación non teña como contrapartida un custo elevado de mantemento. 
O goberno municipal ratifica a súa “liña de xestión e control do gasto público”
Alberto Valverde agregou que manterá a “liña de xestión e control de gasto público”. Nese senso adianta que a adxudicación a través de concursos públicos dos servizos de asistencia domiciliaria e de mantemento das zonas verdes” xerará un aforro ás arcas municipais duns 60.000 euros”. “Cantidade que poderá ser destinada a outras partidas orzamentarias”. Agrega que a “esta cifra de aforro, súmanse medidas adoptadas nada máis acceder ao goberno municipal, como a revisión dos contratos de telecomunicacións, que permitiron un aforro nas liñas de telefonía móbil dun 34% e de 27.000 euros menos ao ano nas liñas fixas ADSL, entre outras”.