Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Preto de cen veciños de Nigrán presentan un escrito pedindo o arranxo da estrada de Chandebrito a Valadares.

Preto de cen veciños de Nigrán presentan un escrito pedindo o arranxo da estrada de Chandebrito a Valadares.

Correo-e Imprimir PDF

Próximo dun centenar de veciños de Nigrán presentan sinaturas ao Concello pedindo a urxente reparación da estrada da Lapela, polo gran perigo que segundo denuncian presenta o tramo descendente que vai entre as parroquias de Valadares e Chandebrito.

 

Esta estrada que comunica a rúa da Igrexa, en Chandebrito (á altura da vivenda núm. 6) coa Estrada do Zondal, en Valadares, Vigo; tamén coñecida como Camiño da Lapela; "está en moi mal estado" sinalan dende a Asociación Chandebrito 1807. Denunian que os vehículos que circulan en sentido descendente cara Chandebrito teñan que facelo pola marxe esquerda "para evitar os socavóns existentes, causando un gran perigo de colisión ou atropelos de peóns", algo "que xa estivo a punto de pasar en varias ocasións", agregan.

Esta cuestión xa foi denunciada mediante numerosos escritos dirixidos ao Concello por parte da Asociación Chandebrito 1807, a que pediu ao concelleiro de Vías e Obras que tomase as medidas oportunas, "sen que polo momento se fixese nada ao respecto", afirman os veciños.

Ante esta situación, os veciños recolleron preto de un centenar de sinaturas solicitando a urxente reparación da capa de rodaxe da estrada que comunica a rúa da Igrexa en Chandebrito coa parroquia de Valadares, incluído o asfaltado fronte a vivenda núm. 6 da Rúa da Igrexa, xa que supón un serio perigo para os usuarios.