Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Oposición reclama transparencia na convocatoria e selección de 12 postos de traballo no Concello de Nigrán.

Oposición reclama transparencia na convocatoria e selección de 12 postos de traballo no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

 

-Esquerda Unida esixe  “a máxima transparencia” na selección e contratación de 12 postos de traballo outorgados ao concello de Nigrán polo Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra.

A agrupación fixo pública a súa preocupación pola “case nula publicidade” que o Concello de Nigrán desenvolve sobre a convocatoria  para a contratación de 12 traballadores dentro do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra.  O plan, que será integramente sufragado pola deputación por exemplo “non figura na web oficial do Concello”.

As 12 novas prazas terían como destino o departamento de obras e servizos do municipio. Por outra banda, segundo as bases do plan, os postos de traballo teñen o obxectivo de atender ao colectivo que nestes momentos atópanse nunha situación máis precaria.

Esquerda Unida considera pouco transparente o proceso de selección para “minijobs” que está a facer o Concello de Nigrán.

“Mentres que para anunciar cursos de dubidosa eficacia ou para enganar as persoas de Nigrán en paro asegurando que teñen preferencia para realizar cursos mediante a sinatura de convenios, o alcalde de Nigrán non dubida en anuncialos por todos os medios, sen embargo, cando si hai postos de traballo estes non se publicitan na mesma medida”, sinala José Figueroa Fajo, membro de Esquerda Unida en Nigrán.