Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán criminaliza a un enfermo de cancro por levar o seu rostro tapado durante a protesta polas preferentes

O alcalde de Nigrán criminaliza a un enfermo de cancro por levar o seu rostro tapado durante a protesta polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe - Concello de Nigrán (O rostro desta imaxe foi pixelizado por valminor.info xa que a súa difusión e publicación non foi nin está atorizada polo retratado.)

Ser o único manifestante que levaba o seu rostro cuberto, foi motivo suficiente para que o gabinete de prensa do concello de Nigrán difundise a súa fotografía a todos os medios de comunicación e o responsabilizase, dado que era o único manifestante coa cara cuberta, de actos "violentos" e "hostís" que xustificasen a carga da policía local no pleno de onte en Nigrán.

A persoa levaba o rostro e todo o seu corpo cuberto para evitar a súa exposición ao sol por mor do tratamento que recibe para combater a súa enfermidade.

O afectado ofreceuse onte publicamente para falar co alcalde de Nigrán e explicarlle de primeira man o seu caso.

O Goberno local de Nigrán asegurou onte a Europa Press que a Policía Local se viu obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados "que se tapaban la cara con pasamontañas y capuchas", tratou de entrar pola forza no salón. A única persoa que finalmente levaba o rostro tapado resultou ser este mozo de 40 anos que se manifestaba para recuperar todos os seus aforros roubados na estafa das preferentes de NovaGaliciaBanco.

Todos os testemuños consultados coinciden en sinalar que a súa participación na protesta foi cando menos "efémera" e non estaba no momento do forcexo coa policía, xa que o mozo pasou a maior parte do día refuxiado á sombra do edificio do concello e do propio coche da Guarda Civil, que ao parecer si coñecían o motivo da súa cara cuberta e sabían que nada tiña que ver con ningún acto de vandalismo ou hostigamentos "encubertos".

O portavoz dos afectados do Baixo Miño, Xulio Vicente, manifestou a valminor.info que o motivo desta acusación é precisamente por non achegarse aos afectados e escoitalos. Xulio Vicente trasladou o ofrecemento de que pese a que este mozo prefire manterse no anonimato, brindouse publicamente a manter unha conversa co alcalde de Nigrán para explicarlle de primeira man o seu problema. "Non teñen vergonza ningunha" apuntalou.

Alberto Valverde: "Reitero mi apoyo a los afectados por las participaciones preferentes pero rechazo actitudes hostiles en sus reivindicaciones"

O gabinete de prensa do concello de Nigrán fixo público un comunicado no que afirma que o rexedor municipal, Alberto Valverde, rexeitaba "el comportamiento demostrado ayer por algunos miembros de las plataformas afectados por las participaciones" e informaba do remite dunha carta ao presidente do seu partido e presidente do goberno Mariano Rajoy, para que apurasen na procura dunha solución para os afectados.

O comunicado insistía no apoio de Valverde aos afectados polas preferentes. "He respaldado, respaldo y respaldaré a las personas afectadas por las preferentes y las subordinadas, siempre y cuando respeten las formas de exigir justicia para ellos", señala el regidor municipal. "Tanto a título particular como colectivo, el equipo de gobierno está ciertamente preocupados por la situación que atraviesan estas personas, y queremos, al igual que ellos, encontrar una solución justa y definitiva, pero la vía que están tomando algunos miembros de las plataformas, como acudir cubierto con un pasamontañas, no es la opción adecuada" e adxuntaba unha imaxe do suposto "encarapuchado violento" para xustificar as acusacións vertidas.

O PSOE de Nigrán ve unha intencionalidade na acusación de Valverde.

"Hasta esa bajeza llega nuestro Alcalde que envía a su jefa de gabinete de comunicación a fotografíar a una persona enferma para intentar demostrar que entre los estafados de preferentes había un "kaleborroca"." manifestou o portavoz dos socialistas de Nigrán. "¿Cómo es posible que ésta persona estuviese durante cuatro horas del día 2 de maio rodeada de policías, guardia civiles y otras fuerzas de seguridad tan tranquilo bajo su capucha?... Simplemente por que todos conocen y conocemos el problema de esta persona" ironizou.

O PSOE de Nigrán esixiu unha rectificación inmediata por parte da alcaldía e do goberno de Nigrán así como unha petición de desculpa pública a todos os afectados polas preferentes "pero en especial hacia esta persona que bastante tiene con tener que taparse del sol para protestar por lo que es suyo, que aún por encima tiene que aguantar las impertinencias de un Alcalde tan insensato que se fotografía delante de su casa arrancando una pegatina, enseña la cuenta corriente del Concello y ahora termina con esta intencionada metedura de pata."