Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán CxG denunciará ao Concello de Nigrán ante a Policía Autonómica por dano reiterado do ecosistema dunar.

CxG denunciará ao Concello de Nigrán ante a Policía Autonómica por dano reiterado do ecosistema dunar.

Correo-e Imprimir PDF
duna praia_america

-Denuncian a alteración do período de cría da especie protexida da Píllara no complexo dunar de Praia América.

Compromiso por Galicia (CxG) denuncia a "necedade" do goberno de Nigrán por organizar unha xornada de coñecemento do sistema dunar en pleno proceso de nidificación dunha especie protexida, como é a Píllara galega.

A agrupación nacionalista sinala que esta especie, pertencente ao catálogo galego de especies vulnerables, está protexida baixo a regulación da Lei 1/1993 onde específica que en época de reprodución "prohíbese a organización de eventos culturais, deportivos e turísticas organizadas que non sexan habituais nas praias, tendo que avaliarse a súa interacción coa especie".

Natalia Costas, representante local da organización, asegurou que "tras os innumerables crimes medioambientais desta alcaldía, esta xornada non é máis que unha campaña de lavado de imaxe que, queremos pensar que por descoñecemento, pode provocar graves alteracións para as especies protexidas".

Por este motivo, asegurou que "CxG non vai permitir que se continúe a estragar o noso ecosistema e poremos este asunto en mans da Policía Autonómica". Con esta denuncia, agardan pechar un "capítulo negro para o medioambiente da vila".