Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Rouban unha duna en Praia América

Rouban unha duna en Praia América

Correo-e Imprimir PDF
Restos do espazo onde se atopaba a duna.

Os socialistas formaliza unha denuncia ante da Dirección Xeral de Costas pola desaparición de parte dunha duna en Praia América (Lourido).

Os PSOE advirte que o concello destrozou 100metros do espazo protexido das dunas de Lourido-Panxón, sen contar con ningún tipo de autorización por parte da dirección xeral de costas nin da Consellería de Medioambiente.

As desfeitas medioambientais parecen non ter principio nin fin en Nigrán e as denuncias por danos sucéndense dende os partidos da oposición e grupos ecoloxistas. A eliminación de parte dunha duna en praia américa suscitou as iras do principal grupo da oposición, que denuncia que as obras non contan con ninguna autorización por parte das adminsitracións competentes.

 

“O concello de Nigrán continúa coa súa política medioambiental arrasando máis de 100metros de parte das dunas incluidas no espazo de protección dunar Lourido-Panxón” asegurou González aportando as imaxes e copia da denuncia presentada ante a Dirección Xeral de Costas en Pontevedra.

A duna formaría parte, segundo o PSOE, do programa de recuperación dunar de Lourido, no que concello e distintas adminsitracións levan investido importantes cantidades de diñeiro público para a recuperación da flora e fauna destes fráxiles ecosistemas costeiros que desapareceran das praias de Nigrán precisamente pola presión urbanística que padece a zona.

"De novo as palas municipais cometen un atentado ecolóxico baixo a atenta supervisión do alcalde de Nigrán e seu Concelleiro de Vías e Obras. Parte do sistema dunar de Lourido foi arrasado pola maquinaria municipal." sinala Juan González, "Nin a Dirección Xeral de Costas nin a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia son informadas polo goberno municipal de Nigrán polo que non contou coas autorizacións obligatoria de estos organismos."

O PSOE solicitou ao ministerio de Medioambiente o incio dunha investigación e a depuración das responsabilidades oportunas para esclarecer os feitos.

O programa de recuperación das dunas de Gaifar conseguiu acadar un premio da Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade no ano 2009 cunha dotación económica para afrontar a conservación e recuperación das seguintes fases do proxecto.