Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Durante dúas semanas o Salón de Actos de Nigrán trocará en gardería infantil para animar as compras do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

O edificio do Concello de Nigrán albergará unha ludoteca infantil co xeito de facilitar aos maiores as compras do Nadal no comercio local. A mesma estará situada no salón de actos e funcionará desde o luns 23 de decembro ata o 3 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas os días laborais. O alcalde Alberto Valverde informa que o espazo será “de acceso libre para todos los niños de infantil y primaria, sin necesidad de reservar plaza y con coste cero para las familias”.

A presión social posible causa para que un conductor fugado se entregase logo de arroiar a un motorista

Correo-e Imprimir PDF

Rúa O Grove, onde tivo lugar o accidenteDescoñécense ainda os motivos polos que o conductor deixou tirado a Juan Carlos, logo de provocar claramente o accidente, como así quedou rexistrado nas cámaras de tráfico e vixilancia da zona.

Soto agradeceu onte a colaboración cidadá, que non dubida en sinalar ser o detonante para que o conductor se entregase e confesase os feitos.

 

Charlas de Seguridade do Tráfico e Peonil con entrega dun chaleco reflector en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

chaleco reflectorO Concello de Nigrán, organiza charlas de Seguridade do Tráfico e Peonil para maiores toda esta semana a partir das 18 horas. A Policía Local en colaboración coa DGT está levando a cabo unha campaña sobre a utilización do chaleco reflector nas distintas asociacións culturais e veciñais. Estas charlas deron comenzo o luns 16 no centro cultural O Torreiro de Priegue. Onte martes a dotación policial se desprazou ao centro cultural das Angustias e hoxe mércores 18 a charla se levará a cabo na Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito. O xoves 19 será no Centro Cultural de Bolos da Carrasca (Parada) e rematan o venres 20 na AV A Unión de San Pedro da Ramallosa. Ao finalizar as charlas a policía entrega aos asistentes un chaleco reflector.

A concelleira do goberno de Nigrán imputada por fraude presenta a súa dimisión por motivos de saúde.

Correo-e Imprimir PDF

Ana Rosa Costas AbaldeAsí o fixo saber esta tarde o rexedor popular Alberto Valverde nunha breve nota na que adxunta a carta de renuncia presentada pola até agora concelleira de Educación e Persoal, Ana Rosa Costas Abalde. Na mesma, a ex edil de Nigrán sinala o carácter irrevogábel da súa decisión que argumenta por motivos de saúde. Agrega que foi obxecto dunha "repulsiva campaña mediática" por parte dos medios de comunicación que fixeron pública a información, e que segundo sinala provocaron o "deterioro" das condicións de exercicio do seu cargo, así como a imaxe do seu partido (o PP), polo cal non desexa ser un "lastre" para o goberno local.

Segundo a información publicada por Faro de Vigo a semán pasada, a xustiza imputou a Ana Rosa Costas por dous delitos de fraude á Facenda Pública e un de falsedade documental. Presuntos delitos polos que a Fiscalía solicita catro anos e nove meses de prisión, multas de 542.700 euros e o abono á Axencia Tributaria doutros 418.664, a cantidade presuntamente defraudada a través de facturas falsas.

Nenas e adolescentes principais vítimas do abuso sexual segundo informe das Xornadas de violencia de xénero en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

abuso-sexual-menores1Os abusos de carácter sexual na infancia e adolescencia, son "una de las violencias más invisibles y difíciles de detectar" sinalou María José Pino Fernández (Igualdade) no acto de apertura das II Xornadas Sobre a Violencia de Xénero que durante este xoves e venres se están a desenvolver no concello de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL