Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Confírmanse as multas en Nigrán por non circunvalar a nova rotonda de Monte Lourido

Correo-e Imprimir PDF

Pincha para ampliarUn veciño de Donas foi multado o pasado 5 de decembro pola policía local de Nigrán logo de non ceder o paso na intersección da subida a Monte Lourido.

O veciño ten que facer frente a 200€ de multa e 4 puntos do carnet ante o que se considera unha infracción grave.

UCN-CDL pide baixar a presión fiscal aos veciños de Nigrán coa diminución do 80% da taxa de vados.

Correo-e Imprimir PDF

Nigrán subiu o imposto un 270% en 2011Habería receptividade no goberno e resto da oposición para debater en febreiro coa posibilidade de entrar en vixencia no segundo semestre de 2014.

UCN volve á carga e presenta unha proposta para rebaixar nun 80% a taxa de vados en NIgrán.

O alcalde Alberto Valverde (PP) a recibiu este martes a proposta de mans do edil Antonio Fernández Comesaña, quen sinalou ao rexedor a necesidade da medida a prol de aliviar a presión fiscal sobre as familias de Nigrán.

Continúa a polémica sobre a localización da mini-rotonda na subida ó Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

glorieta-lourido
-O alcalde Alberto Valverde nega a existencia de sancións por non respectar a súa circunvalación desde que foi remodelada en decembro de 2013. Os veciños divididos nas redes sociais en canto a aplicar multas e polo seu deseño.

A nova de que se estaba a multar condutores con ata 500€ e 4 puntos do carné por non respectar a mini-rotonda do cruce da subida ó Lourido coa rúa Manuel Lemos fixo sentou malestar na opinión pública nas últimas 24 horas. Decenas de veciños amosaron a súa indignación pola medida nun cruce -que comparten-, carece da debida sinalización previa e atópase desprazado dos carrís de circulación. Outros a defendenn no senso de que a mesma “existe dende hai anos” e xa era hora de facela respectar.

O alcalde Alberto Valverde (PP) asegurou na tarde deste martes que “no existe ni una sola sanción” nos rexistros da Policía Local de Nigrán por non respectar a circunvalación da mini rotonda trala súa remodelación o pasado mes de decembro. E acusou de “mentir” con fins políticos ao autor da denuncia, o edil opositor Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL).

EU Nigrán sinala que o goberno de Nigrán rexeitou en 2011 a creación da taxa á banca polos caixeiros automáticos

Correo-e Imprimir PDF

Un caixeiro automático en RamallosaAsí o manifestou nun comunicado o portazo de Esquerda Unida de Nigrá, Jose Cuevas, que esixiu ao Partido Popular que explique os motivos polos cales votaron en contra da introducción da taxa municipal aos caixeiros automáticas ante a proposta feita por Esquerda Unida.

O goberno de Nigrán anunciou a semán pasada a primicia da inclusión dunha modificación na Ordenanza fiscal regualdora da taxa pola ocupación do solo da vía pública anunciando a creación dunha nova taxa municipal gravada ás entidades bancarias polo uso dos caixeiros automáticos en fachada.

Ata 500€ de multa e 4 puntos do carné por evadir a “mini-rotonda” da subida ao Monte Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

rotonda-subida-lourido-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) denuncia que o mal emprazamento e sinalización da pequena rotonda da subida ao Monte Lourido está a confundir aos condutores provocando a colocación de multas de ata 500€ e a quita de 4 puntos do carné por parte da Policía Local de Nigrán.

A recente remodelación da pequena rotonda localizada no cruce de A Foz, subida a Monte Lourido, estase a converter nunha verdadeira “trampa” para os condutores. A mesma atópase desprazada co respecto aos carrís de circulación, nunha curva de escasa visibilidade. Os máis prexudicados son os vehículos que circulan pola rúa Manuel Lemos cara á Ramallosa que advirten a súa presenza cando están practicamente enriba dela, por mor da falla de sinalización e pintura na estrada. Os condutores que optan por evitala e seguen o carril “natural”” da  estrada están a ser sancionados con multas de ata 500€ e a quita de 4 puntos do carné pola Policía Local de Nigrán, segundo denuncia o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) nun comunicado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL