Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Confírmanse as multas en Nigrán por non circunvalar a nova rotonda de Monte Lourido

Confírmanse as multas en Nigrán por non circunvalar a nova rotonda de Monte Lourido

Correo-e Imprimir PDF

Pincha para ampliarUn veciño de Donas foi multado o pasado 5 de decembro pola policía local de Nigrán logo de non ceder o paso na intersección da subida a Monte Lourido.

O veciño ten que facer frente a 200€ de multa e 4 puntos do carnet ante o que se considera unha infracción grave.

O alcalde de Nigrán e responsable da área de seguridade, Alberto Valverde, aseguraba onte nun comunicado que non existía "ni una sola sanción en los registros de la Policía Local de Nigrán" por no respetar a nova rotonda bautizada na subida a Monte Lourido e acusaba ao portavoz de UCN-CDL Antonio Fernández de "mentir" con fins políticos.

Valverde ía máis alá na súa acusación e aseguraba que Fernández facía referencia a unha sanción do 16 de xaneiro de 2014 a un conductor que dera positivo nunha proba de alcolemia e negaba calquera extratexia recadatoria por parte da administración local e reprochaba duramente ao edil centrista por "mentir".

VM.info tiña xa constancia da existencia polo menos dunha sanción a un veciño de Camos e ex-concelleiro, que durante o verán fora sancionado pola Garda Civil no mesmo punto e polo mesmo motivo no que até fai uns días era unha farola dentro dunha isleta, xa que non contaba con ningún tipo de sinalización.

A esta sanción de tráfico súmase a dun veciño de Donas que o pasado 5 de decembro ás 2:22 da madrugada era sancionado polos mesmos motivos e sen que a nova rotonda estivese sinalizada tal e como se atopa agora.

200 € de multa e 4 puntos de carnet por incumprir o Art. 57 do código de circulación por "non ceder el paso en una intersección a un vehículo que se aproxima por su derecha".  O vehículo ao que non cedera o paso este veciño de Donas era o propio da policía Local de Nigrán.

Recreación da infracción

Recreación da infración segundo o relato do denunciado na súa alegación

Segundo recolle a alegación presentada polo denunciado, o pasado 2 de decembro ás 2:19h circulaba co seu coche pola Avda Praia América detrás do vehículo policial dirección á Estrada pola Vía (PO325), cando o coche patrulla abandona a calzada principal cara á subida de Monte Lourido para realizar novamente outro cambio de sentido á esquerda para volver a incorporarse novamente á rúa principal Avenida de Praia América. 

Estado da interseccion de subida a Monte Lourido en NigranO denunciado alega que o lugar onde se situaba o vehículo policia non existía sinalización nin vertical nin horizontal que iditificase o lugar como unha instersección de carrís. Alega que tampouco existe marcas loxitudinais de separación dos carrís e por tanto que dera prioridade ao vehículo que accedese pola súa dereita, dado que en todo caso a intersección situaríase vinte metros máis atrás, xusto onde termina a estrada de baixada de Monte Lourido, e non dentro da suposta rotonda que naquel momento tampouco estaba sinalizada como tal.

M.F. entende que non infrinxiu o art. 57 por non ceder o paso na intersección xa que o que fixo foi continuar a súa traxectoria por unha vía preferente delimitada e pavimentada fronte a unha vía como a subida a Monte Lourido que non estaba delimitada nin pavimentada.

 

Artículo 57 Intersecciones sin señalizar

1. En defecto de señal que regule la preferencia de paso, el conductor está obligado a cederlo a los vehículos que se aproximen por su derecha, salvo en los siguientes supuestos:

a) Tendrán derecho de preferencia de paso los vehículos que circulen por una vía pavimentada frente a los procedentes de otra sin pavimentar.
b) Los vehículos que circulen por raíles tienen derecho de prioridad de paso sobre los demás usuarios.
c) En las glorietas, los que se hallen dentro de la vía circular tendrán preferencia de paso sobre los que pretendan acceder a aquéllas (artículo 21.2 del texto articulado).
d) Los vehículos que circulen por una autopista o autovía tendrán preferencia de paso sobre los que pretenden acceder a aquélla.
2. Las infracciones a las normas de este precepto tendrán la consideración de graves, conforme se prevé en el artículo 65.4.c) del texto articulado.