Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Ata 500€ de multa e 4 puntos do carné por evadir a “mini-rotonda” da subida ao Monte Lourido.

Ata 500€ de multa e 4 puntos do carné por evadir a “mini-rotonda” da subida ao Monte Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
rotonda-subida-lourido

-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) denuncia que o mal emprazamento e sinalización da pequena rotonda da subida ao Monte Lourido está a confundir aos condutores provocando a colocación de multas de ata 500€ e a quita de 4 puntos do carné por parte da Policía Local de Nigrán.

A recente remodelación da pequena rotonda localizada no cruce de A Foz, subida a Monte Lourido, estase a converter nunha verdadeira “trampa” para os condutores. A mesma atópase desprazada co respecto aos carrís de circulación, nunha curva de escasa visibilidade. Os máis prexudicados son os vehículos que circulan pola rúa Manuel Lemos cara á Ramallosa que advirten a súa presenza cando están practicamente enriba dela, por mor da falla de sinalización e pintura na estrada. Os condutores que optan por evitala e seguen o carril “natural”” da  estrada están a ser sancionados con multas de ata 500€ e a quita de 4 puntos do carné pola Policía Local de Nigrán, segundo denuncia o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) nun comunicado.

 O edil advirte que “lejos de informar a los conductores”, por medio de bandos ou notas informativas en prensa, ao alcalde Alberto Valverde “no se le ocurre otra brillante idea, más que ordenar a la Policía Local, para que empapele a multas a aquellos conductores, que por sorpresa se encuentran con una mini rotonda, que difícilmente cumple con las mínimas normas de seguridad vial, multas, que pueden estar entrono a los 500€ y la penalización de 4 puntos en el carnet”.

Neste senso, Fernández Comesaña acusa ao rexedor de practicar unha política “recaudatoria” en vez de apostar pola seguridade do tráfico.


Ver A mini rotonda "trampa" no cruce do Lourido 20-01-2014 en un mapa más grande