Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña pedirá unha investigación sobre os episodios das multas a condutores en Lourido.

Fernández Comesaña pedirá unha investigación sobre os episodios das multas a condutores en Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

 

- Fernández Comesaña pedirá ao pleno a apertura dunha investigación sobre a actuación do alcalde e a Policía Local nos episodios das sancións a condutores na “glorieta - trampa” de Monte Lourido.

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) afirma que dispón de diversa documentación no seu poder, que demostraría que a Policía Local de Nigrán está a multar aos condutores que non respectan a circunvalación da glorieta localizada no cruce da subida a Monte Lourido. Entre outras, afirma ter copia da sanción do día 5 de decembro de 2013, da que foi obxecto un veciño de Donas que VM fixo pública este xoves. O portavoz da UCN-CDL manifestou a VM a súa intención de pedir unha investigación no vindeiro pleno que aclare se o alcalde Alberto Valverde (PP) mentiu a sabendas cando afirmara que non figuraba ningunha sanción nos rexistros policiais nesa intersección.

Fernández entende que tras a confirmación da existencia destas sancións, desmentidas nun principio polo rexedor, os veciños de Nigrán teñen dereito a saber se é que Valverde “no se entera de nada”,  se como responsable da área de seguridade amosa “incompetencia”, ou o que é aínda “peor, que la Policía Local pudiera estar actuando por libre, ignorando al alcalde y actuando a sus espaldas”. Porque de confirmase esta última hipótese, Fernández entende que a gravidade política do episodio sería maior.

En conversa con esta redacción, Fernández engadiu que esta preocupación polo que podería chegar a configurar unha política recadatoria máis que de seguridade no control do tráfico, estaría a confirmarse con denuncias que están aparecendo de veciños con episodios similares noutros puntos do concello. Feitos estes que configuran a base dunha serie de interrogantes que o edil de UCN-CDL,  adianta, presentará ao alcalde no vindeiro pleno de Nigrán.

Fernández presenciou durante toda a tarde o despiste dos condutores ao chegar á glorieta.

O edil Fernández Comesaña fíxose presente este xoves pola tarde na zona da Foz para observar as reaccións dos condutores ao chegar á glorieta na subida do Monte Lourido. “Nin un só deles fixo a circunvalación”, salienta. O concelleiro opina que o “despiste” dos condutores ten orixe no emprazamento da mesma.  Neste punto opina que a estrada ten un ancho suficiente para manobrar e dobrar á esquerda sen necesidade de desprazarse á dereita para circunvalar a glorieta.  O tramo carece de pintura ou conos  que advirtan aos vehículos  que teñen que desviarse para circunvalar e por riba a sinalización de advertencia é nula ata chegar a ela tras facer unha curva de escasa visibilidade, salienta o edil.

Nigrán gobernado por “un pequeño dictadorcillo”.        

Tras ser cualificado como mentireiro e manipulador por parte do alcalde Alberto Valverde, Fernández Comesaña,  afirma que todas as probas expostas deixan “en evidencia” ao rexedor ante a opinión pública. Polo cal “le devuelve todos los calificativos vertidos hacia su persona”. Opina que Nigrán padece o goberno dun alcalde que “no sabe encajar la crítica política, pareciéndose cada vez más a un pequeño dictadorcillo, lo que resulta muy preocupante”.

Máis reclamacións polas multas en Nigrán

Dim lights Embed Embed this video on your site