Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Continúa a polémica sobre a localización da mini-rotonda na subida ó Lourido.

Continúa a polémica sobre a localización da mini-rotonda na subida ó Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
glorieta-lourido


-O alcalde Alberto Valverde nega a existencia de sancións por non respectar a súa circunvalación desde que foi remodelada en decembro de 2013. Os veciños divididos nas redes sociais en canto a aplicar multas e polo seu deseño.

A nova de que se estaba a multar condutores con ata 500€ e 4 puntos do carné por non respectar a mini-rotonda do cruce da subida ó Lourido coa rúa Manuel Lemos fixo sentou malestar na opinión pública nas últimas 24 horas. Decenas de veciños amosaron a súa indignación pola medida nun cruce -que comparten-, carece da debida sinalización previa e atópase desprazado dos carrís de circulación. Outros a defendenn no senso de que a mesma “existe dende hai anos” e xa era hora de facela respectar.

O alcalde Alberto Valverde (PP) asegurou na tarde deste martes que “no existe ni una sola sanción” nos rexistros da Policía Local de Nigrán por non respectar a circunvalación da mini rotonda trala súa remodelación o pasado mes de decembro. E acusou de “mentir” con fins políticos ao autor da denuncia, o edil opositor Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL).

O rexedor sinalou nun comunicado que Fernández seguramente facía referencia a unha penalización que con esas características -500€ e a quita de 4 puntos- constaba nos rexistros policiais con data 16 de xaneiro de 2014, pero puntualizou que trátase dunha sanción a un condutor que foi obxecto dun control de alcoholemia que dera positiva. “ A las 17.50 horas, una patrulla de la Policía Local interceptó en el cruce de A Foz a un conductor que dio positivo en la prueba de alcoholemia, con una tasa de alcohol en sangre de 0,41 en la primera prueba y de 0,39 en la segunda”, remite textualmente Valverde. Polo que negou calquera estratexia recadatoria por parte da administración local en todo o termo municipal e reprochou duramente ao edil centrista por “mentir” ao afirmar que “muchos conductores fueron sancionados en  la glorieta de Montelourido”  .

Valminor.info ten constancia dunha soa sanción por non circunvalar a farola.
Un veciño de Camos e ex-concelleiro de Nigrán, sinalou a esta redacción que el mesmo fora multado no verán pola Garda Civil de Tráfico neste mesmo punto por non realizar a manobra de circunvalación co seu ciclomotor. E así o advertiu a esta redacción logo de recibir a sanción indignado pola confusión á que se prestaba a localización da isleta.

O caso é que mais alá do enfrontamento político, as críticas ás deficiencias da remodelación da antiga isleta con farola, agora rotonda, foron ampliadas polos veciños nas redes sociais. Algúns aínda non tiñan claro se agora “é obrigatoria a súa circunvalación” ou se “non provocaría atascos” durante a tempada estival cando a zona é obxecto dunha importante concentración de vehículos. Outros engadían que a colocación a seu carón de colectores de lixo e coches aparcados dificulta as manobras e fan “imposible” que un camión poda practicala.

O comunicado do Concello de Nigrán non acusa recibo destas críticas, xa presentes na denuncia de Fernández Comesaña,  quen sinalaba que a glorieta se “encuentra desplazada, y que no está debidamente señalizada su presencia con antelación, ni tampoco está pintado en la calzada señalización alguna que advierta a los conductores de su presencia, que justo coincide en una curva de escasa visibilidad, con la sorpresa para los conductores que algunos optan por ignorar”.