Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU Nigrán sinala que o goberno de Nigrán rexeitou en 2011 a creación da taxa á banca polos caixeiros automáticos

EU Nigrán sinala que o goberno de Nigrán rexeitou en 2011 a creación da taxa á banca polos caixeiros automáticos

Correo-e Imprimir PDF
Un caixeiro automático en Ramallosa

Así o manifestou nun comunicado o portazo de Esquerda Unida de Nigrá, Jose Cuevas, que esixiu ao Partido Popular que explique os motivos polos cales votaron en contra da introducción da taxa municipal aos caixeiros automáticas ante a proposta feita por Esquerda Unida.

O goberno de Nigrán anunciou a semán pasada a primicia da inclusión dunha modificación na Ordenanza fiscal regualdora da taxa pola ocupación do solo da vía pública anunciando a creación dunha nova taxa municipal gravada ás entidades bancarias polo uso dos caixeiros automáticos en fachada.

Pero o anuncio de Valverde non é ningunha novidade segundo sinala Jose Cuevas, portavoz de EU Nigrán, que apunta que "que no ano 2011, cando o Partido Popular fixo unha subida xeralizada de impostos e taxas no concello de Nigrán, Esquerda Unida propuxo, a traveso do seu voceiro, José Cuevas, a introdución dunha taxa polo aproveitamento especial do dominio público derivado da utilidade asociada á instalación de depósitos, caixeiros, aparatos distribuidores e outros elementos similares con acceso ou fronte a vías públicas ou outros terreos de dominio público, na alegación á modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación do solo, subsolo e voo da vía pública, a Dita proposta foi rexeitada polo pleno celebrado o día 22 de decembro de 2011."

Según Cuevas, "da a impresión que o Partido Popular ten agora permiso da banca para poñer dita taxa, e aproveitar para tratar de lavar a súa imaxe con respecto aos bancos, coa introdución dunha taxa que non vai a compensar nin de lonxe os miles de millóns de euros que lle regalaron á banca."

O concello fixo pública unha nota onde anuncia una rebaixa no imposto de uso das terrazas, ainda que a medida aseguran pretende esconcer unha suba indiscriminada noutras taxas que soportan tanto veciños como empresarios no referent aos impostos do IBI, do lixo e da auga.