Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PSOE de Nigrán denuncia o peche ilegal do Camiño das Chans en Lourido con bloques de granito.

Correo-e Imprimir PDF

2-bloque-granitoO PSOE de Nigrán alertou esta tarde que o acceso ao Camiño das Chans no Lourido leva un mes cortado cun espallamento de grandes bloques de granito. Os socialistas salientan que trátase do único acceso ás primeiras calas do Lourido. Camiño que foi motivo dun preito hai 20 anos e cuxa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “deu a razón ao concello de Nigrán fronte aos intereses de particulares”, sinalan. Por outra banda, engaden que o canaval que protexe a costa “foi totalmente arrasado sen que o Concello teña tomado ningún tipo de medidas”.

O cauce artificial do río Nespereira tinxido de amarelo en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF

Dous parrulos nadando río arriba polo río NespereiraO cauce desviado do río Nespereira, un dos afluentes do río Muiños, aparecía onte tinxido ao seu paso polo polígono industrial de Porto do Molle.

Unha veciña alertou do suceso onte para polo en coñecemento do SEPRONA e Augas de Galicia para que se fixera cargo dos feitos.

Abren conta solidaria para axudar á familia de Camos que perdeu a súa casa no incendio do martes pasado.

Correo-e Imprimir PDF

Un colectivo de veciños de Camos crea unha conta solidaria para axudar á parella que perdeu o pasado martes a súa vivenda por causa dun incendio. As persoas interesadas en colaborar poderán realizar os ingresos en cóntaa número 2080 5052 16 3000201369 de Novagalicia Banco.

O PSOE formaliza a denuncia pola tala de árbores no Río Muíños ante as autoridades medioambientais.

Correo-e Imprimir PDF

DSC 0360O Partido Socialista de Nigrán presentou na mañá deste martes 14 de xaneiro unha denuncia medioambiental contra a tala de árbores desenvolvida nas beiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa.

A Praza da Carrasca entra en obras de remodelación por dous meses.

Correo-e Imprimir PDF

praza-carrascaO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, visitaron hoxe as obras de acondicionamento da Praza da Carrasca. A actuación, executada pola empresa Construcións Ainxuela, está valorada en algo máis de 86.000 euros, e ten un prazo de execución estimado de sesenta días.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL