Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O empresario do caso 5Jotas sinala que José Álvarez foi “cabeza de turco” na #operacionPatos e pon en suspenso a implicación do alcalde.

Correo-e Imprimir PDF

O empresario Juan Manuel Costas durante a entrevista en VIA TV . Foto VIA TVO empresario Juan Manuel Costas, principal imputado da operación “5 Jotas” e involucrado na operación “Patos”, asegura que o ex edil de Vías e Obras, José Álvarez foi o “cabeza de turco” escollido pola trama, pese a estar implicado na adxudicación irregular de obras e o cobro de “comisiones” en Nigrán.

Juan Manuel Costas pon en supenso a implicación do alcalde de Nigrán na trama: "Habría que preguntárselo a él…"

Segundo o empresario a trama de corrupción salpica tanto a PP como a PSOE en distintas administracións locais, Deputación e Xunta de Galicia.

O concurso de comparsas do #Entroido de #Nigrán queda posposto para o vindeiro domingo 9 de marzo.

Correo-e Imprimir PDF

Debido ao prognóstico de chuvias previsto para mañá sábado 1 de marzo, o Concello de Nigrán decidiu pospor a celebración do concurso de comparsas prevista para este sábado ás 17.00 horas na Avda. de Praia América ao próximo domingo, 9 de marzo.
Os horarios e a orde de saída das comparsas mantense, así como o resto da programación prevista para o Entroido 2014 en Nigrán, sendo o concurso de comparsas a única actividade posposta.

#OperacionPatos José Álvarez entrega a acta de concelleiro de Nigrán e reafirma a súa inocencia.

Correo-e Imprimir PDF

grupo-popular-nigranO concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Relacións cos Veciños, José Álvarez (PP), fixo pública a súa renuncia “voluntaria” a súa acta de concelleiro de Nigrán trala lectura dun comunicado no Salón de Plenos municipal. Acto que convocara durante a mañá adiantando que non respondería preguntas nin daría entrevistas á prensa.

#operacionPatos: José Álvarez convoca á prensa pero adianta que non contestará preguntas.

Correo-e Imprimir PDF

Jose Alvarez concelleiro vias e obras de Nigran

-O ex concelleiro de Vías e Obras lerá un comunicado pero adianta que non aceptará preguntas nin entrevistas por parte da prensa. Unha hora despois de comunicar o cese de José Álvarez como membro de equipo de goberno de Nigrán, o Concello emite unha convocatoria aos medios onde sinala que "A petición del concejal de Vías y Obras, José Álvarez, se convoca una rueda de prensa prevista para las 16.00 horas del día de hoy en el Salón de Plenos municipal, en la que José Álvarez procederá a la lectura de un comunicado". A continuación engade que "Más allá de esa lectura, el concejal no responderá ninguna pregunta ni tampoco concederá ninguna entrevista a ningún medio de comunicación".

O seu cese chega despois de que o pasado venres tanto o alcalde de Nigrán Alberto Valverde como a dirección do PPdeG mantivesen a súa confianza no edil imputado, avalando esa confianza na revisión dos contratos públicos investigados pola xustiza "tramitados con total transparencia e normalidade" . A pesar desta declaración, reitera o seu «respecto á xustiza», aínda que reclamaba prudencia á hora de esixir dimisións para o concelleiro imputado.

O alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Vías e Obras imputado na #operaciónPatos

Correo-e Imprimir PDF

Jose Alvarez Valverde concelleiro vias e oras de Nigran-Alberto Valverde (PP), alcalde de Nigrán, remitiu este luns ás 11 horas un escrito aos medios no que comunica a súa decisión de "prescindir do concelleiro de Vías e Obras", José Álvarez Valverde, imputado na operación Patos.

-O comunicado feito público polo rexedor popular chega horas despois de que a prensa de hoxe fixese pública a inminente dimisión do edil José Álvarez citando a fontes de tanto do entorno do PPdeG como do concelleiro imputado na operación Patos.
Valverde sinala que trala celebración de varias reunións durante os últimos tres días, "e analizada tanto a situación pola que está atravesando o concelleiro, así como o seu estado anímico, o rexedor municipal fai pública mediante o presente comunicado a súa decisión de prescindir do concelleiro como membro do equipo de goberno. Neste sentido, o rexedor municipal aclara "que é unha decisión tomada única e exclusivamente en Nigrán, que se valorou e decidiuse aquí".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL