Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

#operacionPatos - PSOE e CxG piden a destitución do concelleiro de vías e obras

Correo-e Imprimir PDF

Jose Alvarez, concelleiro vias e obras de Nigrán detido durante o marco da operacion PatosO PSOE de Nigrán e CxG Nigrán solicitan a destitución do concelleiro de Vías e Obras logo de que o alcalde de Nigrán non tomase a decisión e logo de que se negase a declarar e por tanto colaborar plenamente coa xustiza.

O BNG de Nigrán amosouse máis cauto e agardará até a próxima xunta de portavocías para solicitar ao goberno toda a información relativa ao caso.

UCN-CDL non se posicionou ainda públicamente sobre os feitos.

Nin cese nin dimisión. O concelleiro de Nigrán imputado na #operacionPatos manterase no seu cargo

Correo-e Imprimir PDF

Jose Alvarez Valverde, concelleiro vias e oras de NigranAsi o deixaron claro en sendos comunicados o concelleiro de vías e obras José Alvarez e o propio alcalde de Nigrán.

O alcalde de Nigrán pide "tranquilidad y respeto a la presunción de inocencia" do edil imputado polo que non será cesado do seu cargo como concelleiro.

O concelleiro deféndese e "espera poder demostrar que lo que ha hecho es para mejorar la vida de los vecinos"

O PPdeG desconfía da súa actuación e este mesmo xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a apertura dun expediente informativo.

 

O alcalde de Nigrán medita o futuro do concelleiro detido mentras a fiscalía urxe aos partidos a asumir responsabilidades #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF

A ex-concelleira Ana Costas e o actual concelleiro de vías e obras José ÁlvarezO alcalde de Nigrán manifesta estar meditando o futuro do edil de vías e obras detido no desarrollo da operacion Patos acusado de supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno.

Ao contrario do acontecido coa concelleira de educación, Ana Costas Abalde (PP) condenada onte a 18 meses de cárcere de 800.000 euros de multa por delitos de fraude fiscal, Alberto Valverde non deu o seu apoio ao concelleiro imputado manifestando o descoñecemento dos feitos que se lle imputan.

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela urxiu aos partidos políticos a asumir responsabilidades pola corrupción, lonxe do argumento da "presunción de inocencia" aplicable aos procesos xudiciais en marcha.

Eiriña conseguiu contratos de obras en Nigrán por valor de 666.000 euros entre os anos 2012 e 2013 #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde y Jose Álvarez baixo un cartel de obras da Deputación Eiriña S.L. conseguiu contratos de obra en Nigrán por valor de 666.000€ durante os anos 2012 e 2013 a través da Deputación de Pontevedra e a Autoridade Portuaria.

O alcalde de Nigrán Nigrán manifestaba onte só ter constancia dun contrato con Eiriña para a realización dunha rotonda no municipio.

Entre as obras executadas por Eiriña S.L. en Nigrán  atópase a de "Abastecemento e saneamento municipal en 2013 por valor 127.485,50 euros.

Nigrán #OperacionPatos: O concelleiro José Álvarez acóllese ao dereito a non declarar e sae libre con cargos.

Correo-e Imprimir PDF

Jose Álvarez Valverde, concelleiro vias e oras de Nigran detido na operación Patos -A xuíza decreta a liberdade con cargos para o concelleiro de Nigrán José Álvarez Valverde (PP).

-O concelleiro  acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a responsable do xulgado de instrución número 7 de Vigo ao igual que os outros catro detidos no marco da operación Patos.  Todos quedaron en liberdade con cargos polos supostos delitos de, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental, e no caso de Álvarez súmase un suposto delito de prevaricación.

-O BNG pedirá a dimisión ao concelleiro José Álvarez (PP), responsable de Vías e Obras, e no seu caso dirixirase ao pleno para pedir o seu cese inmediato ao rexedor Alberto Valverde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL