Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

EU pide a dimisión do alcalde de Nigrán a raiz da #operacionPatos

Correo-e Imprimir PDF

Jose Cuevas, Coordinador local de Esquerda UnidaEsquerda Unida pronúnciase ante os feitos que están a acontecer concretamente en Nigrán a a raiz da #operacionPatos iniciada esta mañá en distintos puntos de Galicia.

EU considera que a cidadanía non pode admitir que membros do equipo de Goberno poidan ser detidos nunha operación anti-corrupción.

Detido o concelleiro de Vías e Obras de Nigrán dentro da operación #Patos por corrupción

Correo-e Imprimir PDF

Foto. Concello Nigrán . O alcalde Alberto Valverde e o concelleiro de vías e obras José Alvarez . As facturas de obras extra na subida a San Roque foron motivo de controversia a semán pasada a raiz do informe de intervención.Rexistros en seis concellos, a Deputación de Pontevedra ou a delegación da Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo nunha operación na que o único cargo político detido polo momento é o concelleiro de Vías e Obras de Nigrán, José Alvarez Valverde (PP) e catro persoas vinculadas a Cespa. Investíganse presuntos delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma o lanzamento dunha nova operación secreta contra a corrupción en Galicia con dezasete rexistros.

EU denucia falta transparencia en materia contratación pública en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Jose Cuevas, lider de EU NigránA formación de esquerdas presentará unha proposta de moción para o fomento da transparencia na contratación no Concello de Nigrán.

Esquerda Unida denuncia a opacidade que existe en materia de contratación no Concello, así como o incumprimento da lei de contratos do sector público en materia de publicidade.

O PSOE achega votos ao PP para aprobar os gastos extra orzamentarios de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O interventor sinala facturas de obras na subida a San Roque cando xa estaba terminado o proxecto,O Pleno de Nigrán  aprobou este xoves en sesión extraordianria o recoñecemento extraxudicial de crédito que permitirá pagar débedas extra orzamentarias por valor de 116.640€.

En 2010 PP e PSOE firmaron outro pacto de recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 293.000€ para o pago de faturas a proveedores pendentes dende 2006 até 2010.

Entre as facturas máis polémicas atopánse o pago das duchas prepago das praias ou faturas da remodelación dunha nave privada alugada para a concellería de vías e obras.

O acordo contou cos votos favorables dos concelleiros do PP e o PSOE. O concelleiro Fernández Comesaña (UCN-CDL) mantivo o seu voto negativo por considerar que se trataba en gran medida de gastos “non  prioritarios”, realizados sen control “de ningún tipo”, na súa maioría “contratos verbais sen fiscalización previa” e con “múltiples reparos do Interventor Municipal”. O BNG e o edil Ignacio Vilas (ex-PP) abstivéronse na votación.

 

O Concello de Nigrán recomenda precaución nos areais ante a presenza da medusa velenosa “carabela portuguesa”.

Correo-e Imprimir PDF

Physalia physalis Tayrona Tras contactar coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Nigrán emite un breve comunicado no que "recomenda non bañarse nos areais do municipio ante a praga da medusa velenosa carabela portuguesa até novo aviso".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL