Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN adianta a súa oposición ante un posible estreitamento do paseo marítimo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

La-Jefa-Provincial-de-CostaO edil Antonio Fernández (UCN) esixe ao alcalde Alberto Valverde que aclare se resultan certas as previsións da Xefatura Provincial de Costas de reducir o espazo do paseo nuns tres metros de ancho, en una lonxitude de máis de 300 metros, no seu tramo Sur.

Medran os ingresos por impostos e baixan as partidas sociais no borrador oficial dos orzamentos de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Pese a incremento dos ingresos pola via de recaudación de impostos, as partidas de axuda social seguen baixando- O borrador dos orzamentos para 2014 presentado polo goberno de Nigrán (PP) ao resto dos partidos só contempla 5 mil euros para Emerxencias Sociais e menos de 436 mil euros para todo o programa de Servizos Socias, un 3.30% menos que no 2013, segundo revela un documento de análise da Unión Centrista de Nigrán.

- O documento económico presentado polo goberno municipal alcanza os 12.800.000 euros, onde as contas de Gastos Correntes e Persoal superan o 88% do orzamento (56% e 32% respectivamente), segundo a mesma fonte.

-Destaca igualmente a previsión do incremento no capítulo Ingresos, de 12.000€ (6,75%) en "Multas de Tráfico" até  alcanzar os 190.000€, "lo que confirma un afán recaudatorio desmesurado" da administración popular, segundo UCN.

- As achegas a urxencia social pasan a ser de 5.000 euros anuais fronte a partidas de turística que supera os 105.000 euros.

O goberno en minoría de Nigrán busca acordos coa oposición para aprobar os orzamentos 2014.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de NigránO primeiro documento cos orzamento do 2014 alcanza os 12.768.767 euros, e xa está a estudo dos grupos da oposición. A cifra primaria supera en 192.690 euros aos do 2013, e deberá obter o visto e prace dalgúns dos 9 concelleiros da oposición, que conforman o pleno de 17 edís de Nigrán.

EU sinala que despois de 7 anos o Concello de #Nigrán comezou a facer públicas as licitacións.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida destaca que as denuncias presentadas pola falla de publicidade na contratación no Concello de Nigrán deron os seus froitos, publicándose esta semana no perfil do contratante do concello e no BOP as licitacións dos contratos para a limpeza de edificios municipais e edificios escolares. O seu portavoz, José Cuevas asegura que este feito "non acontecía polo menos desde hai 7 anos".

UCN pon en coñecemento do SEPRONA unha tala “salvaxe” no monte de Condominguez . #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Segundo o edil Antonio Fernández Comesaña (UCN), a tala afecta doce hectáreas na ladeira do monte de Condomínguez, abaixo das instalacións deportivas municipais. Fernández afirma que os traballos levan máis dun mes e medio sen que conste no Concello expediente algún de concesión de licenza municipal, nin estea acreditada a "autorización preceptiva outorgada pola Consellería de Medio Rural".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL