Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN pon en coñecemento do SEPRONA unha tala “salvaxe” no monte de Condominguez . #Nigrán

UCN pon en coñecemento do SEPRONA unha tala “salvaxe” no monte de Condominguez . #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Segundo o edil Antonio Fernández Comesaña (UCN), a tala afecta doce hectáreas na ladeira do monte de Condomínguez, abaixo das instalacións deportivas municipais. Fernández afirma que os traballos levan máis dun mes e medio sen que conste no Concello expediente algún de concesión de licenza municipal, nin estea acreditada a "autorización preceptiva outorgada pola Consellería de Medio Rural".

O portavoz da UCN denuncia que a tala representa un "salvaxe atentado medioambiental e paisaxístico" consumado "con total impunidade", nunha zona clasificada nas Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, como "ordenanza 15 de protección forestal y áreas agrestres". Lembra que este espazo tamén está afectado pola Lei de augas, xa que discorre un regato, así como polo Plan do Ordenación do Litoral, que establece maiores reservas e cautelas á protección.
"Quen repón agora o dano causado?", pregunta Fernández Comesaña, que afirma ter advertido ao alcalde Alberto Valverde no pasado pleno de novembro o que estaba a ocorrer.
A tala a está a desenvolver a empresa Maderas Tebra, segundo o portavoz da UCN. Engade que existente é unha denuncia ante a Policía Local de Nigrán feita o día 26 de novembro de 2013. Sendo ata de agora a única acción emprendida polo Concello de Nigrán elevar o devandito informe á APLU e á Consellaría de Medio Rural.
UCN reprochou no último pleno ao alcalde, non ter realizado ningunha actuación dende novembro do ano pasado, " nin tan sequera verificar si tal salvaxe actuación ao medio ambiente, contaba coa preceptiva autorización da Consellería de Medio Rural, ao amparo da Lei 7/12 de Montes de Galicia".
Fernández Comesaña manifestou o seu malestar polo que entende un accionar "neglixente" do alcalde Alberto Valverde no tema. Polo que o responsabiliza de propiciar que ao día de hoxe non cesara a tala "salvaxe" de Condomínguez. Un atentado paisaxístico que a seu entender é "incluso superior ao cometido en Monteferro , que logo daría paso a súa urbanización co SAU-1", durante o goberno do alcalde socialista Manuel Rial.