Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PSOE pedirá unha investigación pola tala de árbores protexidas nas ribeiras do Muíños.

Correo-e Imprimir PDF

DSC 0360-A tala de árbores e as fortes choivas deixan intransitable o paseo do Río Muíños.
Ducias de amieiros, loureiros e salgueiros, árbores protexidas foron arrincados das ribeiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa. A denuncia efectuada este mércores dende a agrupación local do PSOE, engade que sumado ás fortes chuvias destes días "deixa o paseo do río Muíños impracticable e cunha imaxe lamentable e difícil de recuperar"

UCN sinala que o investido no sistema de duchas de prepago en Nigrán non se amortizará “nin en 20 anos”.

Correo-e Imprimir PDF

-Acusa ao goberno local de investir case 100 mil euros nestas instalacións e adianta a súa oposición a aumentar o custe das tarxetas magnéticas de 1€ a 2€.
A Unión Centrista de Nigrán afirma que o sistema de duchas e lavapés de prepago instaladas no concello supoñen ata de agora un gasto de case 100 mil euros ás arcas municipais. O seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, manifesta que o intento de pasar de 1€ a 2€ o custe das tarxetas magnéticas que habilitan aos usuarios a utilización do devandito sistema é un "novo despropósito", do goberno encabezado polo popular Alberto Valverde.

O goberno de Nigrán tenta solucionar o deficitario sistema das tarxetas prepago das duchas nas praias.

Correo-e Imprimir PDF

duchas nigran cola-A Alcaldía de Nigrán propón establecer unha nova taxa reguladora pola prestación do servizo de duchas e lavapés que suporía vender cada tarxeta a 2€. Un aumento da taxa do 100% sobre a xa establecida cun custe actual de 1€, e deficitaria en 1,18€ co respecto ao valor que fixa a empresa provedora (2,18€ a unidade).
-Dende o Partido Socialista instan a Alberto Valverde "a paralizar de inmediato este aumento da taxa nun 100% e, sobre todo, solicitámoslle que coas aportacións dos técnicos municipais valórense as vantaxes e desvantaxes deste sistema e se tomen as decisións que sexan necesarias".

Detido un condutor en Nigrán que sextuplicaba a taxa de alcohol permitida.

Correo-e Imprimir PDF

policia localA colaboración cidadá permite á Policía Local de Nigrán interceptar a un condutor que sextuplicaba a taxa de alcohol permitida en sangre, o pasado sábado 3 de xaneiro. O feito aconteceu ás 13.10 horas, cando uns veciños chamaron á Policía Local ante unhas manobras sospeitosas por parte do condutor. Tras acudirse na zona, os efectivos procederon a realizar a proba de alcoholemia ao condutor, que responde ás iniciais M.C.D., quen ademais acababa de sufrir unha retirada do permiso de condución ata 29 de decembro de 2013 polo mesmo delito.

Os bombeiros do Val Miñor teñen que apagar un incendio cunha sulfatadora porque levan co camión estragado un mes.

Correo-e Imprimir PDF

GES Val Miñor incorporados en agosto de 2013
Os bombeiros do Val Miñor víronse obrigados este domingo a acudir a un incendio cunha sulfatadora, porque levan "un mes co camión avariado".
Ante a falta de medios dos bombeiros do GES, o 112 tivo que solicitar a asistencia dos bombeiros de O Porriño.

O superavit de 235.000 euros das arcas municipais  ou os 400.000 euros de remanente de tesourería anunciado polo goberno en 2012 parece non ser suficiente para reparar o motor do camión de incendios forestais que ten case 10 anos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL