Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán tenta solucionar o deficitario sistema das tarxetas prepago das duchas nas praias.

O goberno de Nigrán tenta solucionar o deficitario sistema das tarxetas prepago das duchas nas praias.

Correo-e Imprimir PDF
duchas nigran cola

-A Alcaldía de Nigrán propón establecer unha nova taxa reguladora pola prestación do servizo de duchas e lavapés que suporía vender cada tarxeta a 2€. Un aumento da taxa do 100% sobre a xa establecida cun custe actual de 1€, e deficitaria en 1,18€ co respecto ao valor que fixa a empresa provedora (2,18€ a unidade).
-Dende o Partido Socialista instan a Alberto Valverde "a paralizar de inmediato este aumento da taxa nun 100% e, sobre todo, solicitámoslle que coas aportacións dos técnicos municipais valórense as vantaxes e desvantaxes deste sistema e se tomen as decisións que sexan necesarias".


O concelleiro Juan González (PSOE) lembra que a contratación desta empresa xa foi cualificada pola Fiscalía como "contratación completamente irregular, incluso ilegal, actuación que responde a la negligencia de los responsables municipales" e obrigou á Consellería de Medio Ambiente a abrir unha investigación sobre a inversión de 59.807,88€ na súa adquisición.
Para o edil a gran beneficiada da implantación de este sistema é a empresa instaladora, "única distribuidora das tarxetas, xa que o aforro de auga é mínimo e a imaxe do noso concello vese totalmente deteriorada".
As tarxetas son deficitarias se non se recargar.
O goberno popular de Nigrán presentou unha proposta cara a modificar o custe da cada tarxeta a 2 euros cunha carga de 20 minutos para o uso das duchas ou lavapés. A medida compleméntase cos taxas de recarga: 0,50€ por 10'; 1€ por 20' e 2€ por 40'.
A medida é defendida co xeito de incentivar as recargas e non a compra de novas tarxetas por parte dos usuarios. Na actualidade cada cartón cústalle ao Concello 2,18€ .
Socialistas poñen en dúbida a eficacia do sistema e piden unha nova avaliación.
Sen embargo, os socialistas entenden que "o enorme custe que este sistema está supondo para as arcas municipais no seu primeiro ano de uso vaise multiplicar ano tras ano xa que o contrato con Beach Trotters non inclúe as reparacións".
Gonzalez salienta que neste momento "xa son moitas das duchas que están rotas" polo que en breve haberá que habilitar unha nova partida económica para a compra ou seu arranxo "polo que de novo serán os veciños e veciñas de Nigrán quen teñan que sufragar".
Para os socialistas é necesario e "urxente" tomar decisións "sensatas" que nin supoñan un despilfarro para o concello nin supoñan o pago innecesario por parte dos cidadáns "polo simple uso dun lavapés ou unha ducha nas praias". Polo cal instan ao rexedor Alberto Valverde a paralizar de inmediato este aumento da taxa nun 100% e, "sobre todo, solicitámoslle que coas aportacións dos técnicos municipais valoremos as vantaxes e desvantaxes de este sistema e se tomen as decisións que sexan necesarias".