Mércores, 15 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán UCN- CDL cualifica as duchas de prepago nas praias de Nigrán como un intento de "matar moscas a cañonazos".

UCN- CDL cualifica as duchas de prepago nas praias de Nigrán como un intento de "matar moscas a cañonazos".

Correo-e Imprimir PDF
monteferro-praias-nigran

- A formación centrista entende que será maior o gasto de instalación do sistema que o aforro real e prevé inconvenientes para os usuarios.

- Fernández Comesaña (UCN-CDL), propón pasar a unha facturación de consumo real da auga no municipio para realmente evitar o "despilfarro".

"Matar moscas a cañonazos"

O alcalde Alberto Valverde pretende "matar moscas a cañonazos", opinou o concelleiro centrista Antonio Fernández Comesaña, en alusión á iniciativa do Concello e a Xunta de implantar un sistema de prepago para o uso das duchas públicas nas praias de Nigrán. O portavoz de UCN- CDL, entende que a medida non será efectiva no seu obxectivo de rebaixar o consumo da auga no municipio, xa que a maior parte do "despilfarro" está provocado polo sistema de facturación do consumo. Agrega, que o goberno debería fiscalizar mellor o desempeño da empresa concesionaria e evitar as fugas e perdas que durante días prodúcense no sistema a causa da demora dos servizos de reparación.

No mesmo senso, Fernández Comesaña sinalou que "será maior o gasto necesario para a adaptación ou no seu caso substitución das actuais duchas, que o beneficio a obter por aforro do consumo". Agrega que o sistema de carrexará a dificultade "que supoñerá a adquisición de tarxetas, e moito nos tememos, poida ocorrer como co sistema de pago con moedas, que a maioría quedan inutilizadas por actos de vandalismo. O que sería máis efectivo desprazar o pulsador a unha zona máis alta, fóra do alcance dos nenos, evitando así utilizar as duchas como elementos de xogo ou diversión."

A UCN-CDL propón cambiar o sistema de facturación de consumo de auga no municipio.

Fernández Comesaña, opinou que trátase dunha medida "de cara á galería, e pouco efectiva, xa que si de verdade o que persegue o alcalde é o aforro no consumo do auga, o primeiro que tería que facer é cambiar o sistema de tarifas do servizo de abastecemento augas". Neste sentido lembrou que a súa agrupación propuxo en varias ocasión pasar do sistema de bloques e mínimos actuais, por outro que recolla a facturación en consumo real, "xa que unha vivenda paga actualmente 60m3/trimestre, por auga consumida ou non, o que en certa medida invita ao despilfarro; situación ben distinta si cada vivenda pagase polo seu consumo real, entón si de verdade faríase un uso responsable no consumo".

O portavoz insistiu que sería efectivo un maior control sobre a empresa concesionaria do servizo, "xa que a reparación das averías producidas na rede de abastecemento tardan días, cando non semanas, en ser reparadas, co conseguinte despilfarro de auga, que seguramente superará ao das duchas".