Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán CxG Nigrán súmase ás críticas das novas duchas de re-pago de Nigrán

CxG Nigrán súmase ás críticas das novas duchas de re-pago de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

CxG afirma que a instalación das duchas de prepago supoñen o repago da auga pública para os veciños de Nigrán.

Os galeguístas súmanse ás críticas de UCN-CDL e o PSOE de Nigrán, con motivo da instalación das novas duchas de prepago nos areais baixo a premisa dun consumo sostible. A formación galeguista manifestouse en contra do que considera “un repago inxusto cando o propio Valverde xa subiu as tarifas da auga a todos os veciños”.

Jesús Recouso, representante da formación que non conta con representación no pleno muncipal, acusou a Alberto Valverde “de empregar a escusa do medioambiente para recadar un servizo público polo cal os veciños xa pagan un recibo que, o propio alcalde encargouse de incrementar”.

Nesta liña, asegurou que “o Goberno de Valverde non pode empregar o medioambiente como precepto cando o único actor que durante o ano limpa as praias de Nigrán é o mar”. Así, o galeguista afirmou que “Valverde ten demostrado unha insensibilidade polos temas medioambientais, tanto pola adiación do Punto Limpo, como polo estado lamentable das nosas costas con plásticos, preservativos, compresas e residuos de todo tipo. É unha vergoña que teña que ser o mar quen faga dos areais unha zona transitable”. As declaracións subiron de ton ata o punto en que non dubidou en asegurar que “Valverde só se preocupa do medioambiente para recadar, ou no verán.”  En relación ca limpeza focalizada nas estacións estivais, Recouso ironizou co tema dicindo “non sei se na súa casa limpa só cando ten visitas, pero Nigrán merece estar limpo todo o ano e non só cando ven xente de fora”.

Ademais, Recouso insistiu na idea “esperpéntica de gastar 60.000€ nunhas instalacións non amortizables cando as canalizacións das duchas actuais están ao descuberto na area.” Por este motivo, CxG instou ao alcalde a dar marcha atrás na súa idea de implantación de duchas de prepago, á vez que reclamou a “limpeza e mantemento dignos dos nosos areais”.