Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A metade das duchas de pago de Nigrán xa eran gratuítas por fallos nos dispositivos de lectura das tarxetas.

A metade das duchas de pago de Nigrán xa eran gratuítas por fallos nos dispositivos de lectura das tarxetas.

Correo-e Imprimir PDF
ducha canas

Unha das principais novidades deste ano nos areais de Nigrán é a supresión das duchas de pago. Sen embargo o Concello informa que actualmente fóronse substituíndo na nova función mecánica todos aqueles dispositivos de tarxeta que presentaban disfuncións, co resultado de que o 50% das duchas xa funcionan gratuitamente.

O custo do mantemento do servizo "non compensaba o aforro de auga e o actual goberno aposta por medidas de concienciación e educación da cidadanía para implantar unha verdadeira cultura do aforro de recursos hídricos", sinalaba este martes o alcalde Juan González.


Engade que tras consultar as cifras co departamento de Intervención, o Concello "gastou neste tempo máis de 100.000 euros e solo recuperou 14.300 (procedentes das recargas)".
Por riba un informe da enxeñeira municipal, citado no informe, reflexa que o sistema quedaría amortizado nun prazo de 60 anos.