Mércores, 15 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán UCN sinala que o investido no sistema de duchas de prepago en Nigrán non se amortizará “nin en 20 anos”.

UCN sinala que o investido no sistema de duchas de prepago en Nigrán non se amortizará “nin en 20 anos”.

Correo-e Imprimir PDF

-Acusa ao goberno local de investir case 100 mil euros nestas instalacións e adianta a súa oposición a aumentar o custe das tarxetas magnéticas de 1€ a 2€.
A Unión Centrista de Nigrán afirma que o sistema de duchas e lavapés de prepago instaladas no concello supoñen ata de agora un gasto de case 100 mil euros ás arcas municipais. O seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, manifesta que o intento de pasar de 1€ a 2€ o custe das tarxetas magnéticas que habilitan aos usuarios a utilización do devandito sistema é un "novo despropósito", do goberno encabezado polo popular Alberto Valverde.

Fernández Comesaña, recorda que "tal desafortunada decisión do alcalde Alberto Valverde", supúxolle ás arcas municipais un gasto de case 100 mil euros, incluído duchas, lavapés, placas solares para enerxía, tarxetas, reposición de avarías, instalación por parte do persoal municipal entre outros gasto. Un importe que o centrista opina é "moi superior ao gasto ocasionado de auga e que moi dificilmente será amortizado nin en 20 anos". Situación que a opinión do edil da UCN, empeora ao tomar en conta que estas cifras non inclúen os investimentos realizados no seu día para retirar as anteriores infraestruturas " que estaban en perfecto estado de funcionamento".
A Unión Centrista de Nigrán que votara en contra da instalación do polémico sistema de duchas e lavapés de prepago, sinala que está a favor do uso responsable do auga, "pero en contra dunha medida tan descabellada, que lonxe de supoñer un aforro, consegue un efecto contrario, un maior gasto de diñeiro público, e sobre todo, moitas dificultades para que os usuarios poidan adquirir as tarxetas, o que produce un maior rexeitamento social ".