Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN calcula un sobrecusto de 30.000 euros adicionais para a posta en marcha dás duchas de prepago.

UCN calcula un sobrecusto de 30.000 euros adicionais para a posta en marcha dás duchas de prepago.

Correo-e Imprimir PDF
UCN denuncia o sobrecusto das duchas de pre-pago de Nigrán

O portavoz de UCN-CDL, Antonio Fernández, denuncia un sobreprezo encuberto na posta en marcha das polémicas duchas públicas de pre-prago nos areais de Nigrán.

Fernández calcula en 30.000 euros o prezo do sobrecusto non incluído no contrato, e que deberá aportar o concello para poder suministrar tarxetas electrónicas e no suministro do fornecemento eléctrico.

Así o sinalou nun comunicado o portavoz de UCN-CDL, Antonio Fernández que sinala que "a pesar de estar incluído no proxecto a subministración e montaxe das duchas, e por conseguinte unha obrigación do adxudicatario, todo parece indicar que non vai ser así, xa que na oferta formulada pola empresa exclúese expresamente a montaxe, que manifestan será por conta do Concello, previo ao asesoramento dun técnico da empresa. Limitándose esta exclusivamente á subministración, incumprindo gravemente as condicións fixadas no contrato de adxudicación." 

Fernandez sinala que o concello deberá sumar aos 59.807,88€ iniciais do prezo das duchas os importes de 6.149,22 do prezo das tarxetas electrónicas o que supón un gasto total de 66.000 euros. Pero sinala que agora haberá que engadir outro gasto non previsto que correspondería á instalación eléctrica ou á colocación de placas solares para por en funcionamento ás "duchas intelixentes".

"Ao ser necesario contar con conexión eléctrica a pé de duchas para o seu funcionamento electrónico, e ao non dispor na súa maioría de tomas de corrente próxima, haberá que efectuar a correspondente instalación, ou a colocación de paneis solares, o que encarecerá sensiblemente o prezo, ao sumar o custo da man de obra do persoal municipal que realizará tales funcións, así como materiais necesarios, incluíndo así mesmo o desmonte das actuais duchas e lavapies, incrementando previsiblemente o seu custo nuns 30.000€ aproximadamente, achegando o investimento/malgasto a uns 100.000€ en total, cando as duchas retiradas estaban en perfecto estado de funcionamento." sinala no comunicado Fernández.

UCN considera "sospeitoso e insólito, que se efectuase o pago da factura con data  28 de decembro de 2012 (día da presentación) xusto un día despois de ser adxudicada por decreto do alcalde  con data 27 de decembro de 2012), sen acreditar a subministración nin moito menos a súa instalación, xa que aínda a día de hoxe seguen sen estar colocadas, o que demostra a chapuza e improvisación do goberno local."