Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN denuncia a presenza de novos “okupas”, malos cheiros e despilfarros varios en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

cabalos-porto-do-molle-O edil Fernández Comesaña (UCN) asegura ter visto máis de dez équidos pastando no interior do polígono. Acusa ao goberno de Nigrán de abandonar a custodia do parque empresarial e non ver a súa “degradación”.

Os novos “okupas” de Porto do Molle

O portavoz de UCN, Fernández Comesaña denuncia a presenza de novos “okupas” no polígono industrial de Porto do Molle. Trátase segundo o concelleiro, dunha decena de cabalos que “soltos” e “abandonados” proliferan polas instalacións, aproveitando as zonas verdes para alimentarse. Fernández asegura que pódeselles ver tanto de día como pola noite, sen embargo acusa ao alcalde Alberto Valverde e á Policía Local de non actuar nin procurar a identificación dos propietarios dos équidos.

UCN-CDL pedirá a revisión dos recibos do lixo e suspender o período de cobranza para emendar irregularidades.

Correo-e Imprimir PDF

UCN sostén, que o haberse efectuado un novo padrón de contribuíntes, tomando como referencia base o catastro, é dicir o padrón de bens inmobles de natureza urbana (IBI), pódese estar producindo un erro no cómputo das superficies destinadas aos locais comerciais, onde se inclúen espazos anexos, tales como almacén ou dependencias auxiliares (antes non computadas), que orixinou un cambio de tarifa na maioría dos locais, tanto de hostalería, como comerciais e ata industriais. O mesmo pode estar ocorrendo -coa inclusión por erro-, de construcións auxiliares, " tales como galiñeiros, garaxes, grelladas etc, que nada ten que ver con vivendas, exentas da taxa de lixos".

Descubre Nigrán, descubre PortAmérica en Fitur 2014

Correo-e Imprimir PDF

PortAmerica 2014 - Foto Oscar PinalO Concello de Nigrán (Pontevedra) presentará o próximo venres 24 de xaneiro os seus atractivos turísticos en FITUR 2014, nun acto que celebrarase na caseta de Turgalicia ás 17.30 horas baixo o nome de "Descubre Nigrán, descubre PortAmérica".

O recibo do lixo en Nigrán ainda podería incrementarse coa suba que pretende SOGAMA

Correo-e Imprimir PDF

A suba do importe do lixo senta gran malestar nos comerciantes.Os comerciantes de Nigrán anuncian a presentación de reclamacións ante o que consideran un aumento desproporcionado e non anunciado da taxa de recollida do lixo.

A suba do recibo ainda podería incrementarse se segue adiante a pretensión de SOGAMA de incremantar o recibo entre 6 e 12 euros anuais. O presidente advertiu que a empresa non é viable se os cidadás non pagan máis.

Fernández Comesaña pedirá unha investigación sobre os episodios das multas a condutores en Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

 

- Fernández Comesaña pedirá ao pleno a apertura dunha investigación sobre a actuación do alcalde e a Policía Local nos episodios das sancións a condutores na “glorieta - trampa” de Monte Lourido.

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) afirma que dispón de diversa documentación no seu poder, que demostraría que a Policía Local de Nigrán está a multar aos condutores que non respectan a circunvalación da glorieta localizada no cruce da subida a Monte Lourido. Entre outras, afirma ter copia da sanción do día 5 de decembro de 2013, da que foi obxecto un veciño de Donas que VM fixo pública este xoves. O portavoz da UCN-CDL manifestou a VM a súa intención de pedir unha investigación no vindeiro pleno que aclare se o alcalde Alberto Valverde (PP) mentiu a sabendas cando afirmara que non figuraba ningunha sanción nos rexistros policiais nesa intersección.

Fernández entende que tras a confirmación da existencia destas sancións, desmentidas nun principio polo rexedor, os veciños de Nigrán teñen dereito a saber se é que Valverde “no se entera de nada”,  se como responsable da área de seguridade amosa “incompetencia”, ou o que é aínda “peor, que la Policía Local pudiera estar actuando por libre, ignorando al alcalde y actuando a sus espaldas”. Porque de confirmase esta última hipótese, Fernández entende que a gravidade política do episodio sería maior.

En conversa con esta redacción, Fernández engadiu que esta preocupación polo que podería chegar a configurar unha política recadatoria máis que de seguridade no control do tráfico, estaría a confirmarse con denuncias que están aparecendo de veciños con episodios similares noutros puntos do concello. Feitos estes que configuran a base dunha serie de interrogantes que o edil de UCN-CDL,  adianta, presentará ao alcalde no vindeiro pleno de Nigrán.

Fernández presenciou durante toda a tarde o despiste dos condutores ao chegar á glorieta.

O edil Fernández Comesaña fíxose presente este xoves pola tarde na zona da Foz para observar as reaccións dos condutores ao chegar á glorieta na subida do Monte Lourido. “Nin un só deles fixo a circunvalación”, salienta. O concelleiro opina que o “despiste” dos condutores ten orixe no emprazamento da mesma.  Neste punto opina que a estrada ten un ancho suficiente para manobrar e dobrar á esquerda sen necesidade de desprazarse á dereita para circunvalar a glorieta.  O tramo carece de pintura ou conos  que advirtan aos vehículos  que teñen que desviarse para circunvalar e por riba a sinalización de advertencia é nula ata chegar a ela tras facer unha curva de escasa visibilidade, salienta o edil.

Nigrán gobernado por “un pequeño dictadorcillo”.        

Tras ser cualificado como mentireiro e manipulador por parte do alcalde Alberto Valverde, Fernández Comesaña,  afirma que todas as probas expostas deixan “en evidencia” ao rexedor ante a opinión pública. Polo cal “le devuelve todos los calificativos vertidos hacia su persona”. Opina que Nigrán padece o goberno dun alcalde que “no sabe encajar la crítica política, pareciéndose cada vez más a un pequeño dictadorcillo, lo que resulta muy preocupante”.

Máis reclamacións polas multas en Nigrán

Dim lights Embed Embed this video on your site

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL