Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Descubre Nigrán, descubre PortAmérica en Fitur 2014

Descubre Nigrán, descubre PortAmérica en Fitur 2014

Correo-e Imprimir PDF
PortAmerica 2014 - Foto Oscar Pinal

O Concello de Nigrán (Pontevedra) presentará o próximo venres 24 de xaneiro os seus atractivos turísticos en FITUR 2014, nun acto que celebrarase na caseta de Turgalicia ás 17.30 horas baixo o nome de "Descubre Nigrán, descubre PortAmérica".

Nigrán sumará aos seus múltiples argumentos para ser descuberto como destino turístico das Rías Baixas o festival de música e ideas PortAmérica, un evento que  aposta polo intercambio cultural entre as dúas beiras do Atlántico, que aglutina emprendimiento, innovación, gastronomía e lecer, o que fai de PortAmérica unha nova escusa para coñecer Nigrán.

A presentación contará coa presenza do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, Liliana Silva, e o Director de Esmerarte e de PortAmérica, Joaquín Martínez Silva.