Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia a presenza de novos “okupas”, malos cheiros e despilfarros varios en Porto do Molle.

UCN denuncia a presenza de novos “okupas”, malos cheiros e despilfarros varios en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF
cabalos-porto-do-molle
cabalo-pasatando-porto-do-m
antigos-colectores
novos-colectores-lixo-porto
matadoiro-porto-do-molle
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

-O edil Fernández Comesaña (UCN) asegura ter visto máis de dez équidos pastando no interior do polígono. Acusa ao goberno de Nigrán de abandonar a custodia do parque empresarial e non ver a súa “degradación”.

Os novos “okupas” de Porto do Molle

O portavoz de UCN, Fernández Comesaña denuncia a presenza de novos “okupas” no polígono industrial de Porto do Molle. Trátase segundo o concelleiro, dunha decena de cabalos que “soltos” e “abandonados” proliferan polas instalacións, aproveitando as zonas verdes para alimentarse. Fernández asegura que pódeselles ver tanto de día como pola noite, sen embargo acusa ao alcalde Alberto Valverde e á Policía Local de non actuar nin procurar a identificación dos propietarios dos équidos.

Segundo o denunciante, a pegada desta “eguada improvisada” tradúcese na presenza de excrementos tanto nas rúas como nas beirarrúas do parque. Por outra banda, manifesta a súa preocupación ante a posibilidade de accidentes pola irrupción na calzada dos animais nunha zona con importante tráfico.

UCN acusa ao rexedor de non evitar a “degradación” que está a sufrir Porto do Molle

UCN denuncia igualmente, o “improvisado” depósito de máis de 300 colectores de lixo, recollida selectiva e vidro, na súa maioría en bo estado e outros completamente esnaquizados, almacenados ao longo das rúas, zonas de aparcadoiros e áreas de descanso do polígono empresarial. Opina que os mesmos están dando un “espectáculo lamentable e tercermundista” do propio parque.

Fernández opina que trátase doutro “despilfarro” do goberno do PP de Nigrán, pois moitos dos colectores retirados estaban en bo estado, nunha “decisión sen sentido, cando o contrato prevía o súa renovación, de ser necesarios”, sinala.

Malos cheiros

E por si todo fose pouco, prosegue Fernández, xurde en pleno parque empresarial, unhas instalacións anexas ao emblemático Matadoiro, destinadas a cuadras, que presentan un aspecto exterior “nada decoroso, e uns cheiros en pleno inverno que, ou ben proceden de cuadras ou da estación depuradora propia, que serve de guinda ao pastel”.

Construcións, que lembra,  levan máis de 25 anos, e o seu estado “ é o mesmo (naves de bloques de cemento sen revestir e uralitas), sen obras de mantemento e conservación algunha”. O denunciante opina que as mesmas non teñen nada que ver co complexo de naves bioclimáticas construídas por Zona Franca, “senón tamén co propio edificio do Matadoiro, que en nada favorecen a este, nin ao parque empresarial”.