Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán: UCN acusa ao alcalde de non respectar o acordo para ampliar o prazo para pagar a taxa do lixo.

Correo-e Imprimir PDF

lixo-nigran-colectores-O prazo voluntario para pagar a taxa do lixo finaliza o vindeiro 20 de febreiro, mais no último pleno aprobouse ampliala ata o 25 de maio. Fernández Comesaña (UCN-CDL) denuncia que o alcalde Alberto Valverde négase a dar cumprida a ampliación "baseándose en argucias e interpretacións xurídicas".

Nigrán: Iniciativa cidadá para reducir os soldos do goberno local e axudar aos parados.

Correo-e Imprimir PDF

Jesús Recouso (ex portavoz da CxG - Nigrán), na súa condición de veciño, proporá aos partidos con representación no pleno unha iniciativa para reducir os soldos do equipo de goberno por un total de 63.000€, co xeito de destinalo a axudar a 52 familias de parados. O promotor sinala que a medida permitiría achegar 100€ mensuais a cada unha delas. Ademais, propuxo que se articule en forma de bonos utilizables en establecementos de pequeno comercio "dobrando así o impacto da medida".

Augas de Galicia aduce que ás árbores arrancadas do río Muíños estaban a afectar o curso e un cultivo privado.

Correo-e Imprimir PDF

tala-1-A resposta do director de Augas de Galicia non convence ao PSOE de Nigrán que achegará novas probas da desfeita.
A tala de árbores nas ribeiras do río Muíños corresponde a "traballos autorizados e executados conforme ás solicitudes presentadas", sinalou Francisco Menéndez Iglesias (Augas de Galicia) en resposta á reclamación presentada en xaneiro polo PSOE de Nigrán. Daquela, os socialistas denunciaban a desaparición de ducias de amieiros, loureiros e salgueiros arrincados das ribeiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa

Nigrán: UCN non dará o seu voto para pagar 116 mil euros en facturas con informes contrarios da Intervención.

Correo-e Imprimir PDF

-Tras a comparecencia dos concelleiros do PP na comisión que estuda as facturas, UCN comproba a existencia de gastos xa pagados polo Concello de Nigrán sen fiscalización e control da Intervención Municipal.

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL)  adianta que votará en contra do recoñecemento extraxudicial de crédito que por valor de 116.640,70€, será levado novamente ao pleno municipal polo alcalde Alberto Valverde (PP). Fernández entende que ademais das graves irregularidades xa detectadas nas facturas pola Intervención Municipal agrégase agora “la existencia de otros gastos ya pagados, que también han incurrido en la omisión previa de fiscalización y control, que fueron igualmente reparados por la intervención municipal”.

Os comerciantes de Nigrán estarían pagando a taxa do lixo por superficies non comerciais dos seus establecementos.

Correo-e Imprimir PDF

- Así o asegura Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) tras constatar que a revisión do padrón municipal fíxose: “cruzando datos do catastro”, sen diferenciar a superficie “útil” dos locais da “bruta” e con “pouco traballo de campo” por parte da empresa contratada.

- Agrega que o Concello gastou 84.969na contratación da empersa que desenvolveu a revisión do padrón de locais comerciais na que se basea a nova taxa de recollida do lixo.

-O edil esixe ao alcalde que aplique a ampliación de tres meses para o prazo de pago voluntario da taxa aos efectos de resolver antes os recursos plantexados polos afectados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL