Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: Iniciativa cidadá para reducir os soldos do goberno local e axudar aos parados.

Nigrán: Iniciativa cidadá para reducir os soldos do goberno local e axudar aos parados.

Correo-e Imprimir PDF

Jesús Recouso (ex portavoz da CxG - Nigrán), na súa condición de veciño, proporá aos partidos con representación no pleno unha iniciativa para reducir os soldos do equipo de goberno por un total de 63.000€, co xeito de destinalo a axudar a 52 familias de parados. O promotor sinala que a medida permitiría achegar 100€ mensuais a cada unha delas. Ademais, propuxo que se articule en forma de bonos utilizables en establecementos de pequeno comercio "dobrando así o impacto da medida".

De aprobarse, Recouso entende que non solucionaría "completamente o problema das familias, pero habendo 1800 parados, axuda a paliar situacións moi graves". Por outra banda, opina que a redución "permite un salario digno para os responsables políticos" e supón un "xesto de solidariedade cos cidadáns a quen representan e estano pasando mal".
Jesús, que ata hai pouco militara na formación nacionalista Compromiso por Galicia (CxG), recalcou a importancia de que "sexan os propios cidadáns quen fagamos propostas e unámonos para dar a nosa voz".