Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: UCN non dará o seu voto para pagar 116 mil euros en facturas con informes contrarios da Intervención.

Nigrán: UCN non dará o seu voto para pagar 116 mil euros en facturas con informes contrarios da Intervención.

Correo-e Imprimir PDF

-Tras a comparecencia dos concelleiros do PP na comisión que estuda as facturas, UCN comproba a existencia de gastos xa pagados polo Concello de Nigrán sen fiscalización e control da Intervención Municipal.

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL)  adianta que votará en contra do recoñecemento extraxudicial de crédito que por valor de 116.640,70€, será levado novamente ao pleno municipal polo alcalde Alberto Valverde (PP). Fernández entende que ademais das graves irregularidades xa detectadas nas facturas pola Intervención Municipal agrégase agora “la existencia de otros gastos ya pagados, que también han incurrido en la omisión previa de fiscalización y control, que fueron igualmente reparados por la intervención municipal”.

A Intervención informa de facturas sen fiscalizar, subvencións encubertas e outras ilegalidades.

Fernández lembra os múltiples reparos de legalidade formulados polo Interventor nos informes das facturas obxecto do pedido de crédito.  Entre eles  destaca a falta de crédito e fiscalización previa; a ausencia de proxectos ou memorias valoradas, tamén a falla de informes dos técnicos municipais en varias das facturas.  A iso se engadía o feito de non acreditar ao estar ao corrente coas obrigacións fiscais, tributarias e da seguridade social dos beneficiarios dos contratos; gastos que poderían corresponderse “con subvencións encubertas e expresamente prohibidas pola lei”; facturas “que non especifican o destino dos subministros” e  “contratacións verbais, expresamente prohibidas “

Puntualiza que os informes de Intervención advertían das responsabilidades “legais administrativas, contables, civís e penais”, que no seu caso, puidesen corresponder”

Para UCN o goberno do PP non dá respostas convincentes

Por todo iso no pasado pleno de febreiro o goberno en minoría de Nigrán non acadou os votos necesarios para aprobar o devandito recoñecemento extraxudicial de crédito. No debate a iniciativa do concelleiro Fernández Comesaña  formouse unha comisión de traballo encargada de verificar a legalidade das facturas a pagar.  Na sesión se acordou a comparecencia dos concelleiros responsables de Turismo, Cultura e Deportes (Liliana Silva), Vías e Obras (José Alvarez), e de Economía, Facenda e Persoal, (Alberto García), para analizar detalladamente a finalidade e destino dos gastos realizados sen consignación orzamentaria, así como a omisión da preceptiva fiscalización previa do gasto, pola intervención municipal. ”.

A opinión da UCN-CDL as explicacións dadas polos responsables do goberno non serviron “para convencer ao noso grupo, e é máis, púxose de manifesto, “la existencia de otros gastos ya pagados, que también han incurrido en la omisión previa de fiscalización y control, que fueron igualmente reparados por la intervención municipal”.

Fernández xustifica o voto contrario da súa agrupación.

Fernández sinala que a súa agrupación “no comparte ni puede respaldar, una política de gasto desmesurado y sin control llevada a cabo por el gobierno local”.  Intención que segundo o concelleiro si ten o rexedor de Nigrán que as pretende aprobar no pleno da próxima semana, previo ditame da Comisión de Contas, do luns día 10.

Gastos realizados na “en su mayoría de forma irresponsable, sin percatarse ni asimilar el haber perdido la mayoría absoluta -de un gobierno prepotente-, con la que cómodamente estaba gobernando y pretende ahora un cheque en blanco de la oposición, para que le saque las castañas del fuego, sin tan siquiera reconocer sus propios errores”, acusa Fernández.

Polo cal afirma que “UCN no será cómplice de una política de despilfarro y descontrol que practica el gobierno local, por lo que votará en contra de su aprobación, hasta que esté todo debidamente conformado”.