Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE achega votos ao PP para aprobar os gastos extra orzamentarios de Nigrán.

O PSOE achega votos ao PP para aprobar os gastos extra orzamentarios de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O interventor sinala facturas de obras na subida a San Roque cando xa estaba terminado o proxecto,
Alberto Valverde e Efrén Juanes acordaban en 2010 un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 293.000 euros
O interventor cuestiona unha factura de 28.900€ para o acondicionamento dunha nave privada na Nogueira
As facturas de instalación das duchas prepago tamén aparecen no lote de facturas non contabilizadas
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O Pleno de Nigrán  aprobou este xoves en sesión extraordianria o recoñecemento extraxudicial de crédito que permitirá pagar débedas extra orzamentarias por valor de 116.640€.

En 2010 PP e PSOE firmaron outro pacto de recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 293.000€ para o pago de faturas a proveedores pendentes dende 2006 até 2010.

Entre as facturas máis polémicas atopánse o pago das duchas prepago das praias ou faturas da remodelación dunha nave privada alugada para a concellería de vías e obras.

O acordo contou cos votos favorables dos concelleiros do PP e o PSOE. O concelleiro Fernández Comesaña (UCN-CDL) mantivo o seu voto negativo por considerar que se trataba en gran medida de gastos “non  prioritarios”, realizados sen control “de ningún tipo”, na súa maioría “contratos verbais sen fiscalización previa” e con “múltiples reparos do Interventor Municipal”. O BNG e o edil Ignacio Vilas (ex-PP) abstivéronse na votación.

 

Pola súa banda, o alcalde Alberto Valverde (PP) manifestou nun comunicado trala votación que as facturas contidas no recoñecemento  foron ratificadas pola firma “de un técnico, un responsable político e o alcalde”. Esixencia plantexada polos socialistas no pasado pleno e que segundo manifestaron a VM membros desa agrupación, agora si foron contempladas polo goberno local tras a celebración da comisión especial de contas do pasado luns.

Punto que foi contradecido polo lide UCN-CDL que manifesta que non existe tal conformación dos gastos por parte dos técnicos municipais e en concreto sinala unha factura por importe de 2904€ para realizar a construción dun muro en Priegue, onde a enxeñeira municipal sinala que existen unidades que ainda non foron executadas e non conformaría a factura relativa á obra.

O PP agradece a decisión do PSOE mais recrimínalle a demora.

Durante o debate, o rexedor Alberto  Valverde agradeceu a postura adoptada no día de hoxe polo PSOE de Nigrán,  mais lamentou “que hayan tenido que pasar unas semanas desde el pleno ordinario, en el que las facturas del reconocimiento extrajudicial ya habían sido explicadas, y el expediente completo se encontraba en condiciones de ser aprobado”. Nese senso insistiu que a “única voluntad de la oposición de Nigrán en el pasado pleno era la de contradecir al gobierno, y como consecuencia hemos visto incrementados los plazos medios de pago del ayuntamiento sin necesidad”.


Enfrontamento entre o alcalde e o edil Fernández Comesaña.

No transcurso do debate o rexedor municipal amosou dúas facturas de 2005 pendentes de pago a una empresa por valor superior aos 16.000 euros, ambas as dúas, asegurou “firmadas única y exclusivamente por Comesaña”. Valverde  afirmou que as mesmas  “carecen de expediente de contratación, sello de registro de entrada y tampoco están autenticadas por el alcalde de turno ni por un técnico, y por las que este ayuntamiento está inmerso en un proceso judicial iniciado por la empresa para intentar cobrarlas”.  Polo cal espetoulle a Fernández que non “puede y debe dar lecciones de moralidad a nadie”.

O edil da UCN rexeitou as acusacións do alcalde sinalando que tamén quixo “enfangar el debate político” meses atrás cando intentou “responsabilizar falsamente al portavoz de UCN, de una sentencia condenatoria y que obligaba al ayuntamiento a abonar más de 100.000€, a un contratista, por intereses y facturas no pagadas”, cando era “completamente falso”.

Sen embargo, “resulta que ahora lo que antes criticaban y reprochaban, se comprueba que es una práctica que el gobierno local viene realizando de forma sistemática y sin rubor alguno, lo que demuestra la poca catadura moral de alcalde Alberto Valverde, al pretender atribuir a otros, lo que él hace saltándose la Ley”, denunciou Fernández horas despois nun comunicado.

Facturas polémicas

O informe do interventor municipal cuestionaba todas as facturas e facía mención a varias facturas de varias actuacións que foron motivo de confronta entre o propio PSOE e o goberno municipal durante o ano 2013.


Cita o almacén municipal situado no barrio da Nogueira, pola súa "excesiva" cota de aluguer, de 4.235 euros ao mes e polo seu acondicionamento realizado o ano pasado con cargo ao concello por un importe de 28.909 euros. O PSOE denunciara unha suposta irrgularidade na contratación así como a situación irregular na que se atopaba a nave.

O interventor tamén resalta recibos de obras na subida a San Roque cando xa estaba terminado o proxecto, contratado por 312.392 euros. Subliña a roza dunha leira privada en Parada, da que se descoñece o seu titular. Cuestiona así mesmo as dietas de traballadores municipais por asistir a cursos así como o pago de 600 euros á ADEAC, organismo que outorga as bandeiras azuis, por unha actividade ambiental sen expediente de contratación.