Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Augas de Galicia aduce que ás árbores arrancadas do río Muíños estaban a afectar o curso e un cultivo privado.

Augas de Galicia aduce que ás árbores arrancadas do río Muíños estaban a afectar o curso e un cultivo privado.

Correo-e Imprimir PDF
tala-1
tala-2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-A resposta do director de Augas de Galicia non convence ao PSOE de Nigrán que achegará novas probas da desfeita.
A tala de árbores nas ribeiras do río Muíños corresponde a "traballos autorizados e executados conforme ás solicitudes presentadas", sinalou Francisco Menéndez Iglesias (Augas de Galicia) en resposta á reclamación presentada en xaneiro polo PSOE de Nigrán. Daquela, os socialistas denunciaban a desaparición de ducias de amieiros, loureiros e salgueiros arrincados das ribeiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa

Segundo Francisco Menéndez, técnicos do organismo visitaron o sitio, e comprobaron que o obxecto da intervención foi o retiro de árbores "derrubadas, inclinadas, rotas ou secas". As que podían afectar "ao curso de auga ou á transitabilidade do sendeiro fluvial". Tamén sinala o "cambio de cultivo dunha finca privada", como causa da tala.
Os socialistas afirman estar seguros que "o Director de augas de Galicia así como os técnicos desprazados a Nigrán non foron quen de atopar o lugar exacto" que dende decembro denuncian. Nese senso sinalan que é" incomprensible que se xustifique unha acción que, tal como se pode ver en fotografías desta mesma semana, arrasou unha ampla superficie arborada que non afectaba para nada a canle e si ao entorno e o cinto verde que, ata agora, bordeaba este río".
Por outra banda desde o PSOE responden ao director de Augas de Galicia que a razón dun "cambio de cultivo nunha finca privada" parece inverosímil xa que o espazo talado forma parte do cinto do río "e esa finca o que albergaba era un bosque de ribeira".
Os socialistas anuncian o envío de novas fotografías co estado e situación concreta da tala porque, "estamos absolutamente seguros, que o Director de augas de Galicia así como os técnicos desprazados a Nigrán non foron quen de atopar o lugar exacto"