Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE pedirá unha investigación pola tala de árbores protexidas nas ribeiras do Muíños.

O PSOE pedirá unha investigación pola tala de árbores protexidas nas ribeiras do Muíños.

Correo-e Imprimir PDF
DSC 0360
DSC 0361
DSC 0359
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

-A tala de árbores e as fortes choivas deixan intransitable o paseo do Río Muíños.
Ducias de amieiros, loureiros e salgueiros, árbores protexidas foron arrincados das ribeiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa. A denuncia efectuada este mércores dende a agrupación local do PSOE, engade que sumado ás fortes chuvias destes días "deixa o paseo do río Muíños impracticable e cunha imaxe lamentable e difícil de recuperar"


En momentos no que o propio Concello de Nigrán promociona unha visita guiada pola zona, o portavoz Juan González (PSOE), advirte que a sinalización da senda do Río Muíños está "completamente abandonada" polo goberno do PP. "As papeleiras arrincadas, sen tapas e as que continúan non se recolle o lixo dende hai meses; as pontes de madeira en estado perigoso pola súa falta de mantemento, os carteis informativos totalmente estropeados". Para González estes son exemplos "do pouco que lle interesa a Alberto Valverde o mantemento de este vieiro único en Nigrán que transcorre a carón do Río Muíños".
Os socialistas afirman que instarán ás autoridades medioabientáis a que abran unha investigación que depure responsabilidades ante o que consideran unha actuación "insensible" do goberno local.