Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE formaliza a denuncia pola tala de árbores no Río Muíños ante as autoridades medioambientais.

O PSOE formaliza a denuncia pola tala de árbores no Río Muíños ante as autoridades medioambientais.

Correo-e Imprimir PDF
DSC 0360

O Partido Socialista de Nigrán presentou na mañá deste martes 14 de xaneiro unha denuncia medioambiental contra a tala de árbores desenvolvida nas beiras do Río Muíños no seu tramo a carón da PO-552, moi cerca das instalación de URECA na parroquia de San Pedro da Ramallosa.


Na mesma pídese ás autoridades medioambientais a apertura dunha investigación que permita coñecer os motivos polos cales foron arrincados ducias de amieiros, loureiros ou salgueiros, "árbores protexidas". Tala que segundo os denunciantes, fixo que as fortes choivas afectaran aínda máis "un entorno medio ambiental de tremenda sensibilidade e que vai ser difícil de recuperar".
Nese senso os socialistas achegaron os petitorios á Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e SEPRONA "para que tomen as medidas de protección e restauración necesarias ante a permisividade e indiferenza do goberno local de Nigrán", segundo consta no texto da denuncia.