Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Esquerda Unida pide a apertura do punto limpo de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida solicita ao Concello de Nigrán que poña en funcionamento as instalacións do punto limpo municipal que segundo prometera o alcalde debía estar operativo a finais de 2013. O colectivo reclama unha "xestión pública e transparente".
Sinalan que segundo o anuncio que figura na entrada do punto de limpo de Nigrán as obras debían finalizaba en decembro do ano 2013, a pesar do cal na actualidade ditas instalacións están sen abrir.

A Xunta paga 5 anos despois a expropiación do vello almacén municipal da Lagoíña a #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe frontal da nave alugada antes da remodelación feita polo concelloAs arcas do Concello reciben 255.249€ pola expropiación de terreos e o almacén municipal afectados pola construción dos accesos da AG57 ao Polígono de Porto do Molle en 2009. O PSOE pretende que eses fondos sexan destinados a construír un novo almacén que remate coa "sangría" de 51.000€ anuais que o Concello está a pagar polo aluguer da nave privada na Rúa dos Pazos que oficia de depósito dende 2012.

Os socialistas condicionan o seu apoio aos orzamentos municipais, no inicio dunha auditoría que determine se se cometeu algunha irregularidade ou "malversación de fondos públicos" na contratación do citado almacén privado.

Aparece María Piñeiro, a nena de 13 anos desaparecida esta madrugada en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A familia confirmou que María Piñeiro xa está na súa casa. A información aportada por unha veciña facilitou a búsqueda e o feliz desenlace.

A nena atopáse ben segundo confirmaron.

Varias obras públicas de Nigrán están paralizadas por mor da investiación de corrupción da #Operacionpatos

Correo-e Imprimir PDF

pasarela-autoestradaA remodelación da Praza da Carrasca, un paso peonil en San Pedro á altura da autoestrada, e o acondicionamento da Rúa Porto do Molle, son algunhas das obras que están paralizadas por mor das investigacións da “Operación Patos”.

Así o recoñeceu o propio alcalde no último pleno municipal, logo dunha pregunta do portavoz dos socialistas de Nigrán, Juan González.

O PSOE denuncia que a “implicación” dos membros do goberno de Nigrán na investigación sobre supostos casos de corrupción na denominada “Operación Patos” paralizou obras  de gran importancia para o municipio, por mor das irregularidades nos contratos.

 

O alcalde de #Nigrán comprométese a salvagardar o trazado e dimensións do Paseo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

antigos-areais-panxon-Tras reunirse coa Xefatura Provincial de Costas, Valverde asegurou que as previsión indican que o paseo estará reparado antes do verán mais recoñeceu que aínda non se fixou a data de comezo das obras.

 O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, solicitou este venres  á Xefatura Provincial de Costas a reparación total dos danos ocasionados polos fortes temporais deste inverno no Paseo de Panxón.  Nunha reunión mantida na mañá coa máxima responsable de Costas, Cristina Paz Curbera, o rexedor municipal sinala que propuxo a esta administración limitar a actuación a reparar o tramo do paseo danado polos temporais, “polo que o trazado e dimensións do paseo non sufrirán ningunha modificación”, puntualiza.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL