Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Esquerda Unida pide unha auditoría do cumprimento do contrato do Concello de Nigrán con CESPA.

Correo-e Imprimir PDF

Contenedores de carga lateral e pezas de formigón de delimitación dos espazos.O plan de investimentos para o ano 2013, presentado por CESPA ao Concello de Nigrán en setembro de 2012 e aprobado no pleno celebrado o 25 de outubro de 2012, prevía un gasto de 1.825.205 euros. Dito plan contaba co informe favorable do dimitido concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, impustado no proceso de investigación da Operación Patos. Sen embargo, Esquerda Unida afirma ter indicios de que polo menos 200.000 euros de dito plan de investimentos non se executaron.

Por mor disto, Esquerda Unida pide explicacións públicas ao alcalde da razón sobre o plan de investimentos que CESPA tiña que ter realizado no ano 2013. Tamén pide que aclare se lle pagan a CESPA os servizos ou investimentos que non realiza. No caso de que estas explicacións, acreditadas documentalmente, non sexan convincentes, presentarán unha moción para que se faga unha auditoría para coñecer o cumprimento do contrato que o Concello de Nigrán ten coa empresa para prestar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria.

O PSOE de Nigrán denuncia a suciedade dos areais. O concello négao. Quen minte?

Correo-e Imprimir PDF

Quen di a verdade sobre o estado dos areais.PSOE e PP de Nigrán enzárzanse nunha disputa sobre o estado e limpeza dos areais de Nigrán. Os primeiros denuncian o seu abandono, os segundos acusan ao partido da oposición de mentir. Pero... quen di a verdade?

O PSOE propón parar a “agonía” do PXOM de #Nigrán cunha política de consenso que inclúa ao Consello Sectorial.

Correo-e Imprimir PDF

concentracion pxom20130613-Os socialistas dan por feita a ruptura do alcalde Alberto Valverde coa empresa redactora do PXOM. O concelleiro Juan González (PSOE) afirma que as relacións están deterioradas de tal xeito "que en breves datas darase por rachado o contrato".

Fernández (UCN) sinala ao PP e ao PSOE como responsables dun novo “estrepitoso fracaso” do PXOM de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Antonio Fernández Comesaña (UCN) manifesta que o PXOM de Nigrán camiña cara a un “estrepitoso fracaso” produto dunha “nefasta xestión” durante os últimos 16 anos da que responsabiliza por igual ao PP como ao PSOE. O portavoz da UCN que a semana pasada denunciara que o alcalde negociaba “por detrás da corporación” a desviculación do actual equipo redactor do documento, cualifica como “bochornoso”  a dilapidación de máis de 400 mil euros que as arcas públicas levan investido no mesmo.

Esquerda Unida revela ducias de informes desfavorables da Xunta e outras administracións ao PXOM de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

mapa-clasificacion-pxom-nig- Publican en Internet todos os informes aos que tivo acceso.

- EU pide a rescisión do contrato para a elaboración do PXOM de Nigrán

Segundo os informes aos que tivo acceso Esquerda Unida de Nigrán a Xunta de Galicia, e mais en concreto a Axencia Galega de Infraestruturas informou desfavorablemente o PXOM de Nigrán. O organismo esixe correxir as deficiencias detectadas e remitir novamente o PXOM á dita axencia para a realización dun novo informe, que tal como indica a lei é preceptivo, para a aprobación do PXOM. Aseguran que estes informes levan no concello de Nigrán desde xaneiro de 2014.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL