Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Fernández Comesaña (UCN) denuncia o mal estado dos areais de Patos e Canas.

Correo-e Imprimir PDF

UCN denuncia que o alcalde Alberto Valverde, “só busca a foto”, en lugar de xestionar no seu momento a reparación dos danos ocasionados polos temporais na Praia de Patos e Canas. Advirten que unha vez iniciada a tempada estival seguen aínda sen reparar as escaleiras de madeira de acceso aos areais e falta de area. Sinala que agora promete, “despois do pousado en foto de rigor” co enxeñeiro da Xefatura de Costas, a súa reparación no prazo de 15 días, “o que vén demostrar o pasotismo e desidia do goberno local, que nin tan sequera se preocupou de ter a punto as infraestruturas de acceso ás praias que presentan un estado de abandono, no comezo da temporal alta de verán”.

O PSOE denuncia a falta socorristas nas concorridas praias de Nigrán durante a fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

socorrisasA agrupación do PSOE denuncia que esta fin de semana a pesar que as praias do concello estaban "ateigadas" de persoas, estas atopábanse sen servizo de vixilancia nin socorristas . Cualifican como "grave irresponsabilidade do goberno de Nigrán que ao 16 de xuño "aínda sequera iniciou o proceso selectivo para a contratación do persoal"
Advirte do risco de perder as bandeiras azuis ante esta falla "xa que este é un requisito imprescindible para recibilas e mantelas"

O PSOE de Nigrán denuncia o mal estado dos areais da praia de Canas en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

rochedal canas“De novo as praias de Nigrán sofren a incompetencia do goberno municipal”, denuncia o edil Juan González. Nomeadamente sinala o “rochedal” que cubre o espazo que tradicionalmente cubría unha area fina desta praia moi concorrida polos practicantes do surf. Agrega que nin o Concello de Nigrán nin a Demarcación Provincial de Costas fixeron actuación algunha tras a “importantísima perda de area por mor dos temporais do inverno”.

#Nigrán: A Cabreira e Vilariño xa non quedarán incomunicados nos días de choiva.

Correo-e Imprimir PDF

camino pouton nigranA veciñanza da Cabreira e Vilariño en San Pedro da Ramallosa xa non terá que sufrir as travesías polo lamacento camiño nos días de choiva. O Camiño de Poutón está a ser acondicionado coa instalación dunha rede pluvial  que conducirá as augas e así evitará as temidas inundacións. A obra valorada en 21 mil euros tamén rematará a pavimentación truncada en abril de 2011 tras o conflito entre a administración local e a A.V A Unión de San Pedro da Ramallosa.

Nigrán deixa preparados os operativos de seguridade para as fogueiras de San Xoán e PortAmérica.

Correo-e Imprimir PDF

postal3A policía local de Nigrán, auxiliada pola Garda Civil, efectivos do GES e Protección Civil serán os encargados dos operativos de seguridade que actuarán nos dous eventos masivos que recibirá o concello neste verán, a noite das fogueiras de San Xoán e o festival PortAmérica. Así o decidiron nunha reunión das autoridades locais cos corpos de seguridade mantida este martes na cas consistorial. Na mesma reunión o subdelegado Antonio Coello, presentou un informe no que se afirma un descenso do 13,17% nos delitos acaecidos en Nigrán no 2013.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL