Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O concello de Nigrán levanta por sorpresa o empedrado en Panxón e os ánimos dos comerciantes.

Correo-e Imprimir PDF

A piques de comezar o verán as rúas Arco Visigótico e Álvaro Mourelle desde o paseo marítimo ata a rúa Tomás Mirambel serán obxecto de obras de substitución do pavimento empedrado.

Veciños e comerciantes de Panxón amosan a súa preocupación e malestar polos atrancos que as intervencións están a causar na zona en vísperas da tempada turística. Os traballos comezaron esta semana e o prazo de execución previsto é de dous meses.

Fernández Comesaña, voceiro da UCN manifesta o seu apoio ás protestas dos afectados e cuestiona a “urxencia e necesidade” de comezalas nestes intres.

Veciño de Panxón pecha unha rúa con pivotes e cadeas para que non aparquen fronte da casa.

Correo-e Imprimir PDF

rua-gaviota-pechadaCon catro pivotes de metal unidos por cadeas e delimitando a zoa con pintura amarela, un veciño de Panxón pecha a rúa Gaviota  coa clara intención de non permitir o aparcamento de vehículos fronte ao seu portal. A drástica solución está denunciada polos seus veciños dende o pasado 24 de marzo no Concello de Nigrán, sen que ata de agora exista coñecemento de resolución algunha por parte da administración.

Acto do PSOE en Nigrán coa participación do ex ministro de Traballo, Jesús Caldera .

Correo-e Imprimir PDF

640px-Jesús Caldera en rueda de prensaEste venres 16 de maio ás 16:30 horas terá lugar un acto do PSOE no que participará o ex ministro de Traballo e Asuntos Socias, Jesús Caldera Sánchez-Capitán. O mesmo desenvolverase na terraza do Restaurante Beiramar no Porto de Panxón.

Os implicados na Operación Patos comezarán a declarar despois do verán

Correo-e Imprimir PDF

xulgado-vigoA investigación da Operación Patos mantense baixo segredo de sumario e a xustiza continúa analizando toda a documentación posta a súa disposición co xeito de preparar a fase de toma de declaracións. Feito que terá lugar despois das vacacións de verán segundo adianta este xoves a Axencia Europa Press.

As pescudas, sobre a suposta comisión dos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e cofeito na adxudicación de contratos públicos, na que entre outros atópase implicado o ex concelleiro de Vías e Obras de Nigrán, José Álvarez Valverde continúa co xeito abordar coa maior información as declaracións de imputados e testemuñas.

O centro da terceira idade da Ramallosa foi inaugurado sen contar ainda coas preceptivas licenzas de actividade

Correo-e Imprimir PDF

casa-3-idade-ramallosa

Tras máis de 15 meses de inactividade o alcalde Alberto Valverde anuncia que o Centro da Terceira Idade de Nigrán retoma a súa actividade na vella estación do tranvía da Ramallosa.

Cun investimento 86.869 euros na súa remodelación, a empresa de recente creación, Janor Val Miñor S.L., con sede en Gondomar, explotará os servizos da cafetería por un máximo de 8 anos. Se ben o local leva dúas semanas aberto ao público trala súa inauguración o pasado domingo 27 de abril na que participou o alcalde, o anuncio oficial fíxose este martes tras outorgar a administración local a licenza de actividade da que carecía ata esta seman, segundo confirmaron diversas fontes da corporación a VM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL