Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciño de Panxón pecha unha rúa con pivotes e cadeas para que non aparquen fronte da casa.

Veciño de Panxón pecha unha rúa con pivotes e cadeas para que non aparquen fronte da casa.

Correo-e Imprimir PDF
rua-gaviota-pechada

Con catro pivotes de metal unidos por cadeas e delimitando a zoa con pintura amarela, un veciño de Panxón pecha a rúa Gaviota  coa clara intención de non permitir o aparcamento de vehículos fronte ao seu portal. A drástica solución está denunciada polos seus veciños dende o pasado 24 de marzo no Concello de Nigrán, sen que ata de agora exista coñecemento de resolución algunha por parte da administración.

Os damnificados afirman que o peche dificulta o paso dos vehículos nunha estrada de titularidade municipal que comunica a rúa do Mariñeiro co Paseo Marítimo. Feito do que deixan constancia en tres escritos que ingresaron no Rexistro do Concello de Nigrán.

O edil Fernández Comesaña (UCN) opina que trátase dunha “usurpación de terreo público” ante a “total pasividade” do goberno local. Engade que a pesar de que o goberno local ten coñecemento das denuncias non ordenou a retirada dos pivotes e cadeas nin ten iniciado o “correspondente expediente de restauración de legalidade”.