Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A Xefatura de Costas sáltase a decisión do Pleno de Nigrán e coloca baldosas e non laxes no paseo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

IMAG0003A pesar da decisión do Pleno de Nigrán do pasado mes de marzo , estanse a colocar baldosas e non laxes no paseo de Panxón. A intervención está a cargo da Xefatura Provincial de Costas que por algún motivo fixo caso omiso ao desexo da corporación. A resolución do pleno sinalaba que tras os danos das treboadas do inverno, debíase cambiar as baldosas de cemento por laxes de pedra natural nunha superficie aproximada de 3.000 m2. A denuncia deste incumprimento fíxoa pública o edil Fernández Comesaña (UCN) quen esixe ao alcalde Alberto Valverde que ordene a Costas a paralización das obras. Actualización: O alcalde Alberte afirma non estar a incumplir ningún acordo plenario nun comunicado remitido horas despois e que reproducimos no seu fragmento fundamental ao final do artigo.

Costas invertirá preto de 600.000 euros nunha reparación "provisional" do paseo. Un feito que foi moi criticado xa que a solución definitiva segundo os técnicos era o retranqueo do muro de contención para gañar 1000m3 de areal e garantir que o investimento non fose provisional. 

“Ceder” ou “Rachar” o novo dilema que enfronta a redacción do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

concentracion pxom20130613Quitar do medio a Arnaiz&Consultores e asinar unha cesión coa empresa EPTISA é a fórmula que defende o rexedor Alberto Valverde para evitar o estancamento da tramitación do PXOM. Un troco que segundo o alcalde evitará a disolución do contrato e, por tanto, a paralización da tramitación do PXOM que conta cunha aprobación inicial. Dende o PSOE ofrecen “a máxima colaboración”, pero a condicionan a que Valverde retome o camiño do diálogo co resto das formacións, así como co Consello Sectorial. Para UCN a proposta do alcalde é un “erro” máis que só logrará “dilatar o proceso” dun PXOM con unha aprobación inicial “que nunca” tería que terse producido polas graves deficiencias do documento. A todo isto, a cesión contractual necesita dunha tramitación administrativa que remata nunha decisión do pleno municipal onde o gobernante PP non conta coa maioría absoluta.

Desaparecen os pasos de cebra e outros elementos de seguridade nas rúas Tomás Mirambel e Torreiro

Correo-e Imprimir PDF

rua torreiro1A intervención en ambas rúas é considerada deficiente por parte do PSOE. "O único que se fixo é un pintado con asfalto", denuncia a agrupación en relación ás obras desenvolvidas pola Deputación nas rúas Tomás Mirambel (Panxón) e Torreiro (Priegue). Agregan que a nova capa de asfalto non chega a cubrir os pequenos buratos das rúas "nin é quen de adherir a grava na superficie da estrada".

Nigrán estreou o servizo de “portelo único” que permitirá facer trámites coa Xunta desde o municipio.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranDende este martes os veciños poderán realizar trámites coa administración autonómica desde un portelo único no Concello de Nigrán, sen necesidade de desprazarse a outros municipios da bisbarra. A oficina habilitarase no propio Rexistro Municipal, na planta baixa do Concello, e permanecerá aberta ao público en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Mariscada frustrada: dous veciños de Nigrán detidos con 5 quilos no areal de Estea.

Correo-e Imprimir PDF

1602 Almejas mediana500x500Dous veciños de Nigrán de 37 e 50 anos foron sorprendidos nesta madrugada cando portaban dúas bolsas sospeitosas no areal de Estea (Vigo). Axentes da Unidade Medioambiental de Intervención Rural (UMIR) comprobaron que dentro das mesmas había navallas, berberechos e ameixas que arroxaron un total de 5 quilos. Ao comprobar que carecían de permiso algún para pesca ou marisqueo os axentes procederon a deter aos furtivos e denunciarlles ante a Consellaría de Medio Rural e do Mar. Incautadas as bolsas, procederon a devolver o botín ao mar. Tal e como trasladou a policía de Vigo, os feitos ocorreron ás 2:35 horas deste martes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL