Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xefatura de Costas sáltase a decisión do Pleno de Nigrán e coloca baldosas e non laxes no paseo de Panxón.

A Xefatura de Costas sáltase a decisión do Pleno de Nigrán e coloca baldosas e non laxes no paseo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
IMAG0003
IMAG0012
IMAG0013
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A pesar da decisión do Pleno de Nigrán do pasado mes de marzo , estanse a colocar baldosas e non laxes no paseo de Panxón. A intervención está a cargo da Xefatura Provincial de Costas que por algún motivo fixo caso omiso ao desexo da corporación. A resolución do pleno sinalaba que tras os danos das treboadas do inverno, debíase cambiar as baldosas de cemento por laxes de pedra natural nunha superficie aproximada de 3.000 m2. A denuncia deste incumprimento fíxoa pública o edil Fernández Comesaña (UCN) quen esixe ao alcalde Alberto Valverde que ordene a Costas a paralización das obras. Actualización: O alcalde Alberte afirma non estar a incumplir ningún acordo plenario nun comunicado remitido horas despois e que reproducimos no seu fragmento fundamental ao final do artigo.

Costas invertirá preto de 600.000 euros nunha reparación "provisional" do paseo. Un feito que foi moi criticado xa que a solución definitiva segundo os técnicos era o retranqueo do muro de contención para gañar 1000m3 de areal e garantir que o investimento non fose provisional. 

UCN xa dubidaba que Costas cumprira o acordo plenario
"Resulta inconcibible que o alcalde Alberto Valverde, permita que se estean executando as obras de enlosetado do paseo con baldosas e non en pedra natural", sinala Fernández. Teima que así o acordou o pleno da Corporación, "malia que no último pleno o noso grupo xa interpelou ao alcalde si a Xefatura de Costas ía cumprir o acordo plenario para rematar o paseo en pedra, ante as sospeitas que UCN xa albergaba e que tristemente estanse cumprindo".

Paralizar as obras
UCN esixe ao alcalde que de forma inmediata paralice os traballos. E que esixa á Xefatura de Costas cumprir co acordado polo Pleno. Pois así poderá dar continuidade "a un paseo, que xa o Concello financiou integramente no seu día (desde o porto ata o restaurante J.R), con laxes de pedra natural, sen que Costas aportase un só euro no seu financiamento, polo que non ten sentido algún deixar un remendo en metade do paseo marítimo".
UCN entende que é unha "oportunidade que non se pode deixar pasar", tendo en conta que o orzamento das obras é de preto de 600.000 euros. Nun proxecto que inicialmente contemplaban a derriba de todo o paseo para retranquearlo cara atrás, cun novo muro de pedra que agora non se realiza, "polo que tería perfectamente encaixe unha partida duns 50.000 euros aproximadamente", sinala o edil. De non facelo, UCN adianta que pedirá unha investigación do proxecto e a súa execución.

Fernández ofrece a súa mediación coa Xefatura
O concelleiro Fernández Comesaña, ofrécese ao alcalde Alberto Valverde, para esixir á demarcación de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, o cumprimento plenario. "De non ser así quedará patente o nulo peso político que ten o alcalde dentro do seu propio partido, que non lle respectan os seus propios compañeiros, e o que é peor, pretenden ningunear á Corporación, co consentimento e o beneplácito do propio rexedor", afirma.

Actualización Comunicado do Concello de Nigrán:

"O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, desmente mediante o presente comunicado as declaracións realizadas polo portavoz de UCN, Antonio Fernández Comesaña, a quen insta a abandonar dunha vez por todas a mentira como estratexia política.

O que se acordou no pleno foi trasladar á Jefatura Provincial de Costas a posibilidade de empregar pedra en lugar de loseta, a condición de que a cuantía destinada á actuación permitíseo. E así se fixo, aínda que na mesma sesión plenaria o regidor municipal avanzou ao portavoz de UCN sobre a dificultade de que fose posible.

Así mesmo, Valverde recorda a Fernández Comesaña que o sobrecusto que tería o uso de pedra en lugar de losetas estímase en 200.000 euros, non de 50.000 euros como apunta, "cuantía que o concello nestes momentos non dispón para tal fin".