Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O vertedoiro incontrolado a carón do punto limpo de Nigrán xa ten vixiante privado.

Correo-e Imprimir PDF

Vixiante-2Chantado no medio de restos de ordenadores, lavadoras e televisores vixía sen pestanexar os colchóns, xoguetes e podas que persoas anónimas están a depositar a carón do punto limpo de Nigrán. Sucede que a pesar dos múltiples anuncios da apertura do punto limpo municipal o recinto aínda está pechado, e algúns do que van coa carga deciden deixala a carón do terreo. O PSOE denuncia que boa parte dese lixo procede do propio Concello a través das verteduras de Vías e Obras así como diverso material en desuso que xera a propia institución municipal. Agrava a situación a proximidade do vertedoiro das ribeiras do río Muíños, algo que “un goberno xamais debe facer nin consentir”, segundo o edil socialista Juan González.

A comisión especial que estuda a dirección do tráfico na Rúa Mariñeiro non consigue achegar posturas.

Correo-e Imprimir PDF

rua-marinheiroAs partes seguen encontradas. O Partido Popular, OVALMI e ATSA son favorables a manter a dirección única na Rúa Mariñeiro, en apoio á decisión adoptada hai un ano polo alcalde Alberto Valverde. Pola contraria, os representantes da oposición e mais a AA VV de Monteferro mantiveron a súa intención de retornar ao dobre sentido de circulación. O confronto podería destrabarse tras a presentación por parte de UCN e o PSOE dunhas alternativas de aparcadoiros na zona –un dos eixes centrais do problema- que pasaron a estudo da Policía Local e serán respondidas nun máximo de 20 días, segundo informou o edil Antonio Fernández (UCN) ao concluír a xuntanza.

Medio centenar de persoas asisten á primeira xuntanza de “Podemos” en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

sotomaiorA presentación de Podemos en Nigrán acolleu medio centenar de asistentes onte sábado nas instalación do Hotel Sotomayor de Nigrán. A xuntanza non tivo carácter de asemblea, senón de instancia de presentación das bases políticas e organizativa, as que tiveron a cargo de militantes dos círculos xa conformados en Vigo (Oscar González)  e Tui (Edurne Bastos). Rematada a sesión, Jesús Rodríguez, un dos convocantes de Nigrán, manifestou a VM.info a súa conformidade coa asistencia veciñal nesta primeira instancia cuxa acta foi inmediatamente feita pública nas redes.

Attachments:
File
Download this file (1ª Acta Podemos Nigran.pdf)1ª Acta Podemos Nigrán

Para o xornal catalán “La Vanguardia” Nigrán está en Santiago de Compostela.

Correo-e Imprimir PDF

nenos-mutantesE así de rápido, sen PXOM nin resolución doutra índole polo medio, Nigrán marchou e fíxose compostelán. Ao menos para a versión dixital do xornal catalán "La Vanguardia" que nunha nota sobre futuras actuacións da banda granadina Niños Mutantes informa da súa presentación no Festival PortAmérica "en Nigrán (Santiago de Compostela)". A nova pertence a unha nota recollida da axencia Europa Press cuxa versión orixinal non contén o erro.

Preocupación pola demora da Xefatura de Costas nos arranxos do acceso á Praia de Patos.

Correo-e Imprimir PDF

IMAG0001Os accesos á praia de Patos seguen aínda en malas condicións. Nomeadamente as escaleiras destruídas polo mar, así como a base que as soporta así como parte do muro e afectando ao paseo que bordea a praia. As obras de reparación debe executalas a Xefatura Provincial de Costas, mais a pesar de ter o verán na porta aínda están sen facer. O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) manifestou a súa preocupación no pasado pleno pedindo á alcaldía que intercedera ante Costas para acelerar os traballos. "Xa se fará" foi única a resposta recibida polo alcalde Alberto Valverde, denuncia Fernández, "demostrando un pasotismo por parte do goberno local incualificable", denuncia o edil.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL