Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A comisión especial que estuda a dirección do tráfico na Rúa Mariñeiro non consigue achegar posturas.

A comisión especial que estuda a dirección do tráfico na Rúa Mariñeiro non consigue achegar posturas.

Correo-e Imprimir PDF
rua-marinheiro

As partes seguen encontradas. O Partido Popular, OVALMI e ATSA son favorables a manter a dirección única na Rúa Mariñeiro, en apoio á decisión adoptada hai un ano polo alcalde Alberto Valverde. Pola contraria, os representantes da oposición e mais a AA VV de Monteferro mantiveron a súa intención de retornar ao dobre sentido de circulación. O confronto podería destrabarse tras a presentación por parte de UCN e o PSOE dunhas alternativas de aparcadoiros na zona –un dos eixes centrais do problema- que pasaron a estudo da Policía Local e serán respondidas nun máximo de 20 días, segundo informou o edil Antonio Fernández (UCN) ao concluír a xuntanza.

Proposta do PSOE
O portavoz do PSOE na comisión, Manuel Doldán, propuxo como alternativa habilitar a rúa Arquitecto Palacios, nas Dunas de Gaifar, para establecer aparcadoiros en batería, proposta que UCN adiantou que apoiaría, previo estudo da policía local.

Proposta da UCN
Pola súa banda, Fernández (UCN ) sinalou que o feito de haberse suprimido estacionamentos no tramo final da rúa, na súa entronque co Porto, "é o verdadeiro problema; por iso propoñemos habilitar durante o verán como aparcadoiro alternativo, o recinto do propio colexio de Panxón, recuperando así máis prazas que as perdidas", explicou
A comisión volverá a reunirse nun máximo de 20 días á espera duns informes da Policía Local sobre dúas alternativas presentadas polos representantes de PSOE e UCN ca fin de destrabar o conflito.
Os opositores á circulación en dirección única, volveron a insistir na comisión nos "prexuízos que está xerando, sobre todo no transporte público, a unha maioría de veciños da parroquia de Panxón, senón tamén polo perigo ao que se expoñen os veciños ao ter que cruzar constantemente a Estrada pola Vía, que non dispón de pasos de peóns en zonas con elevado risco, ata para os alumnos do colexio de Panxón", segundo declaracións de Fernández.

Da AVV Monteferro

Pola súa banda, o presidente da AVV Monteferro, destacou que representa a máis de 500 veciños da parroquia, que decidiron nunha asemblea celebrada en novembro de 2013, rexeitar a decisión adoptada polo alcalde o pasado verán
Finalmente, o concelleiro Fernández Comesaña, informa que reprochou ao alcalde Alberto Valverde, que aínda non entregase os informes da Policía Local e da Xunta de Galicia, en que avalan tales cambios, logo de ser solicitados en múltiples ocasións, tanto por escrito como en diversas sesións plenarias, "e nin tan sequera hoxe entrego copia algunha á oposición, o que está levantando maiores sospeitas e creando desconfianza polo ocultismo sen sentido que o alcalde está levando a cabo, que en nada axuda a mellorar o clima de confianza necesario para resolver definitivamente o conflito creado", afirmou.