Sábado, 6 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán A oposición ameaza a Valverde en deixalo en minoría permanente se segue sen acatar as decisións plenarias.

A oposición ameaza a Valverde en deixalo en minoría permanente se segue sen acatar as decisións plenarias.

Correo-e Imprimir PDF
alberto-valverde

A falta de acatamento do alcalde de Nigrán á resolución plenaria que obrigaba a repoñer a circulación en dobre sentido da rúa Mariñeiro (Panxón) foi a pinga que desbordou o vaso.

Os 9 concelleiros da oposición deciden “paralizar calquera tipo de negociación” sobre resolucións que requiran aprobación plenaria.

Fundamentan a decisión nunha “total e absoluta desconfianza no rexedor municipal” froito da súa actuación no tema. Nese senso presentaron unha moción na que esixen ao rexedor popular Alberto Valverde “dar cumprimento de todas aquelas aprobadas” e “executar de xeito inmediato” a restauración do dobre sentido da Rúa Mariñeiro e recuperar as paradas de ATSA na PO 325 na estación e cruce Bouzabella.

A moción será votada o vindeiro xoves 29 de maio no pleno municipal e conta co apoio dos portavoces do PSOE, BNG, UCN e o edil non adscrito Ignacio Vilas González (ex PP).  Segundo a orden do día da sesión, a proposta dos grupos da oposición -maioritario no pleno- será debatida e votada antes de entrar na discusión da proposta de Orzamentos 2014, elaborada polo gobernante PP.

Os porqués da moción conxunta da oposición

Segundo conta na exposición de motivos da moción, no Pleno ordinario do mes de febreiro de 2014 o goberno en minoría del PP de Nigrán se enfrontou a unha Moción presentada ao pleno por UCN para obrigalo a repoñer ao seu estado primitivo a Rúa Mariñeiro, voltando a ser unha vía de dobre sentido de circulación.

A proposta foi aprobada con votos favorables da UCN, propoñente da mesma, e o apoio do PSOE, BNG e o Concelleiro non adscrito. Ante ese mandato plenario Alberto Valverde optou pola opción “menos democrática facendo caso omiso ao mandato da maioría” afirman os asinantes da moción.

Durante os plenos ordinarios dos meses de marzo e abril os concelleiros da oposición preguntaron e rogaron ao Alcalde de Nigrán que cumprira o mandato que o pleno decidirá por maioría absoluta “pero Alberto Valverde non so non escoitou estas peticións senón que aseverou que non ia devolver a dobre dirección á Rúa do Mariñeiro” afirman.

Esta decisión do Alcalde de Nigrán de “cumprir ou non cumprir”as propostas aprobadas pola maioría do pleno segundo el considera leva aos propoñente “a unha total e absoluta desconfianza no rexedor municipal e a dubidar de que calquera acordo, plenario ou non plenario, finalmente sexa adoptado polo Alcalde”.