Luns, 19 Apr. 2021

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde cualifica como “absurda” e un “chantaxe” aos orzamentos a moción conxunta da oposición.

Valverde cualifica como “absurda” e un “chantaxe” aos orzamentos a moción conxunta da oposición.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

En relación á moción conxunta dos grupos da oposición, o rexedor municipal, Alberto Valverde, recorda aos grupos da oposición que "non é competencia do pleno" cambiar o sentido das rúas, e cualifica de "absurdo" que así fóra. Sinala que a moción da oposición "soa máis" a un "chantaxe" ao goberno municipal co obxectivo de que se cambie o sentido dunha rúa. Engade que foi unha medida adoptada polo seu goberno, "apoiada por informes da Policía Local, así como pola gran maioría dos veciños da zona e dos hostaleiros e comerciantes de Panxón", aos que sinala, "que este goberno tamén representa". Feito que afirma poder comprobar con escritos presentados polos mesmos

"Si os grupos da oposición consideran máis importante cambiar o sentido dunha rúa que apoiar a mellor proposta de orzamento que ha ter en Nigrán nos últimos anos, están demostrando que lles moven intereses políticos e non os veciños deste municipio", lamenta o Valverde.
Así respondeu o alcalde á moción anunciada esta mesma tarde polos portavoces da oposición na que adiantan que non negociarán ningunha resolución co goberno local ata que o alcalde dea cumprimento ás resolucións do pleno aínda pendentes de execución.