Sábado, 23 Jan. 2021

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Nigrán OVALMI pide ao alcalde de Nigrán manter a dirección única do tráfico na Rúa Mariñeiro.

OVALMI pide ao alcalde de Nigrán manter a dirección única do tráfico na Rúa Mariñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
comerciante-panxon

A asociación que nuclea a empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) presentou un escrito ao alcalde Alberto Valverde para que non modifique o sentido único da Rúa Mariñeiro en Panxón.

Primeiro llo fixeron saber o pasado martes nunha visita que o rexedor municipal fixo á zona, así como no día de hoxe, mediante a entrega dunha folla de firmas “na que está representada a gran maioría de hostaleiros e comerciantes de Panxón” segundo indica un comunicado de OVALMI.

Pola súa banda, Valverde adianta que proporá ao pleno a creación dunha comisión especial formada por todas as partes afectadas –grupos políticos, asociación de empresarios, colectivos veciñais, Policía Local e a empresa de transporte ATSA- para discutir sobre o sentido de circulación desta rúa.