Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

EU reclama que os plenos de Nigrán volvan a desenvolverse a partir das 20 horas.

Correo-e Imprimir PDF

pleno nigran preferntes 2013Esquerda Unida avoga pola volta ás 20 horas como inicio das sesións do pleno da corporación de Nigrán. Salientan que ese horario facilita a asistencia dos veciños moi por riba do que permite o actual ás 10 da mañá que se adoptou en xuño de 2011. Lembran que o rexedor Alberto Valverde era partidario de desenvolver os plenos a esa hora cando era oposición e que así o reflicte a acta do pleno 2 de xullo de 2007 onde o entón portavoz do PP consideraba que "é unha hora interesante para os plenos e a participación dos veciños". Nese senso, EU que carece de concelleiros en Nigrán, presentou unha solicitude á alcaldía para que se ingrese na orde do día do pleno o tratamento dunha moción a tal fin.

Socialistas negan estar a chantaxear ao alcalde de Nigrán, só queren que cumpra as resolucións do pleno.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro Juan González (PSOE)  nega rotundamente calquera tipo de chantaxe asociado á  moción presentada conxuntamente con toda a oposición.  Así sae ao cruce das críticas de Alberto Valverde quen opinou que a negativa de votar calquera resolución plenaria asumida polos opositores ata tanto o alcalde non cumpra con devolver o dobre sentido á Rúa Mariñeiro, era “absurda” e agochaba a intención de non apoiar o proxecto de orzamentos que levará no vindeiro Pleno.

Valverde cualifica como “absurda” e un “chantaxe” aos orzamentos a moción conxunta da oposición.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranEn relación á moción conxunta dos grupos da oposición, o rexedor municipal, Alberto Valverde, recorda aos grupos da oposición que "non é competencia do pleno" cambiar o sentido das rúas, e cualifica de "absurdo" que así fóra. Sinala que a moción da oposición "soa máis" a un "chantaxe" ao goberno municipal co obxectivo de que se cambie o sentido dunha rúa. Engade que foi unha medida adoptada polo seu goberno, "apoiada por informes da Policía Local, así como pola gran maioría dos veciños da zona e dos hostaleiros e comerciantes de Panxón", aos que sinala, "que este goberno tamén representa". Feito que afirma poder comprobar con escritos presentados polos mesmos

A oposición ameaza a Valverde en deixalo en minoría permanente se segue sen acatar as decisións plenarias.

Correo-e Imprimir PDF

alberto-valverdeA falta de acatamento do alcalde de Nigrán á resolución plenaria que obrigaba a repoñer a circulación en dobre sentido da rúa Mariñeiro (Panxón) foi a pinga que desbordou o vaso.

Os 9 concelleiros da oposición deciden “paralizar calquera tipo de negociación” sobre resolucións que requiran aprobación plenaria.

Fundamentan a decisión nunha “total e absoluta desconfianza no rexedor municipal” froito da súa actuación no tema. Nese senso presentaron unha moción na que esixen ao rexedor popular Alberto Valverde “dar cumprimento de todas aquelas aprobadas” e “executar de xeito inmediato” a restauración do dobre sentido da Rúa Mariñeiro e recuperar as paradas de ATSA na PO 325 na estación e cruce Bouzabella.

Retiran as plantas e axardinado das medianeiras do bulevar Praia América porque mantelas era caro.

Correo-e Imprimir PDF

fcomeDende a semana pasada operarios do Concello de Nigrán están a retirar as plantas ornamentais que a Xunta de Galicia colocou no bulevar Praia América co motivo das obras do carri-bici. No seu lugar colócáronse seixos de canto rodado branco "dando un toque de elegancia e limpeza a unha estrada fundamental de Nigrán", argumenta o alcalde Valverde.
A actuación consistiu na retirada parcial de plantas e arbustos, que "sobrecargaban a medianeira", a gusto do rexedor. Engade que á cuestión "estética" súmase o "factor práctico", xa que o seu mantemento "será agora máis sinxelo e máis económico", suliña.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL